Lembrando os tempos do nazismo

Escoitase con moita frecuencia que a historia da humanidade repítese ciclicamente. E aínda que os tempos sexan distintos e o medios técnicos mellores, os feitos e aconteceres actuais son semellantes ós vividos hai moitos anos.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 07/03/2022

Comparte esta noticia
Dende a chegada da democracia,  neste noso Estado,  tocounos vivir, ós máis maiores, moitos aconteceres alcumados como históricos. Polo que  somos testemuñas de  feitos  que, por seren  únicos,  marcaron un tempo; feitos   que, nalgúns  casos, superaron con creces a  ficción que vemos no cinema e nos plasmas que temos na casa.
 
Deste xeito, quedamos coa boca aberta cando vimos caer as torres xemelas froito dun atentado terrorista; logo  veu a guerra de Irak, conflicto xustificado   baixo o pretexto das armas de destrucción masiva que nunca existiron. Seguiulle  o  volcan da illa de Palma  e a pandemia que asolou o mundo e  deixou, e aínda deixa, moitos mortos;  e agora o sátrapa Vladimir Putin lémbranos a toma de países, como nos anos corenta do  século pasado, fixo Adolf Hitler, ou recórdanos  a entrada dos tanques da Unión Sovietica en Praga  pra rematar coa primavera democrática que agromaba  nese pais centroeuropeo.
 
Vivimos tempos de incerteza; tempos  onde todos os principios polos que se rixe a humanidade están sometidos a tensións permanentes  e, en moitos casos,  son vulnerados polos ditadores mundiais que non son poucos.  A lei do máis  belicoso sempre  nos leva  o camiño da imposición,  do que é o  máis forte. Neste caso trátase do  tirano, ex membro da KGB,  e hoxe presidente de Rusia. Persoeiro  que encadea á oposición no seu pais e amordaza e manipula á prensa: Sátrapa que  marea á occidente cunhas negociacións ficticias, pois a  invasión de Ukraina estaba  prevista dende hai tempo. Despois da caída do muro de Berlín e o esfarelamento da Union Soviética, moitos foron  os países que quixeron  fuxir do que se chamou o Telón de Aceiro. E libremente  queren achegarse ó mundo das liberdades  pra mellorar  o  futuro dos seus cidadáns. E pra evitar esa fuga, Putin   ameaza ós que estiveron na súa ótbita pra que non se atrevan a camiñar libremente e rexir os seus destinos  como consideren. E avisa, ameazando  coas armas nucleares  a terceiros países  pra que non  ingresen en organizacións defensivas que Rusia considera enemigas.
 
Todos os humanos de boa fe  queremos a paz, mais o triste é que maiormente ese estado de tranquilidade non se acada sen poñer por diante a forza  da legalidade, nin da racionalidade. Non se acada  sen defender, incluso conas armas  a  terra invadida. Nese senso a  defensa dos ucranianos  será o que   axudará á resolución do conflicto que soubemos como comezou, e que pode expandirse e internacionalizarse máis da conta.  Non sei como rematará iste choque  armado, máis grande lección a  deses civis  defendendo a súa terra contra os tanques rusos.  Con todo, chirrian as voces dalgúns  progresistas de salón,  que xustifican esta invasión culpando, con argumentos semellantes ós do ditador, ós ucranianos. En fin, os tempos do nazismo aparecen na retina dos máis maiores.  E eso crea inquedanzas que lembran a segunda  guerra mundial.

Mapa de Rusia e Ucraína
Mapa de Rusia e Ucraína
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com