Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/03/2022 | Actualizada ás 19:22
O BNG advertiu que a "improvisación" que percibe no Goberno central á hora de xestionar as políticas para favorecer que exista unha "transición xusta" nas comarcas das Pontes e Cerceda pon en risco o futuro destas comarcas afectadas polo peche de centrais térmicas.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, avanzou o rexistro de preguntas na Cámara baixa dirixidas ao Executivo estatal para cuestionar sobre o estado dos procedementos de adxudicación da capacidade de acceso de evacuación aos nós de transición xusta.
O parlamentario puxo o acento en que é preciso que o Ministerio para a Transición Ecolóxica informe con transparencia sobre "os criterios técnicos e específicos" sobre esta cuestión ante "a importancia" para Cerceda e As Pontes.
Rego lembrou que hai un ano e medio rexistrou preguntas para coñecer o estado desta cuestión e que o Goberno respondeu cunha apelación á paciencia.
"O que está a acontecer resulta unha evidente improvisación e pode supor un grave prexuízo para conseguir unha verdadeira transición xusta para estas comarcas", aseverou Rego, que cre que a solución se fai agora "urxente".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.