A produción industrial galega aumenta un 0,4% en xaneiro

No conxunto do Estado, o Índice de Produción Industrial aumentou un 4% en xaneiro en relación ao mesmo mes de 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2022 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

A produción industrial comezou o ano cun crecemento do 0,4% en Galicia en comparación con xaneiro de 2020, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE). O repunte do Índice de Produción Industrial (IPI) en Galicia é 3,6 puntos inferior á media do país, do 4%, e a máis moderada de dez comunidades do Estado, aínda que outro seis rexións rexistraron retroceso no primeiro mes do ano.

No conxunto do Estado, o IPI aumentou un 4% en xaneiro en relación ao mesmo mes de 2020, taxa un punto superior á do mes anterior, segundo informou este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Co avance de xaneiro, a produción industrial encadea tres meses de taxas interanuais positivas despois dos incrementos do 5,5% e do 3% rexistrados en novembro e decembro de 2021, respectivamente.

En xaneiro todos os sectores elevaron a súa produción, aínda que con distinta intensidade. Os ascensos máis significativos déronse nos bens de consumo duradeiro (+11,4%) e nos bens de consumo non duradeiro (+8,3%), seguidos dos bens intermedios (+3,9%), dos bens de equipo (+2,3%) e da enerxía (+1,1%).

Corrixida de efectos estacionais e de calendario, a produción industrial aumentou un 1,7% en xaneiro en taxa interanual, catro décimas máis que en decembro, con repuntes en todos os sectores menos nos bens de equipo, que recortaron a súa produción un 1,3%.

En termos mensuais (xaneiro de 2022 sobre decembro de 2021) e dentro da serie corrixida, a produción industrial retrocedeu un 0,1%, fronte ao descenso mensual do 0,5% que experimentou en decembro.

Operario da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo / PSA Peugeot Citroën - Arquivo. / Europa Press
Operario da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo / PSA Peugeot Citroën - Arquivo. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta