AGAL celebra este domingo o Día do Orgulho Lusista e Reintegrata

A Asociación Galega da Língua (AGAL) celebra este domingo, día 25 de maio, o 'Día do Orgulho Lusista e Reintegrata', así como o 'Día da Toalha', con distintas actividades e unha homenaxe a Carvalho Calero en Santiago de Compostela.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/05/2014 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Con motivo desta celebración, AGAL convidou aos usuarios de Internet a publicar nas redes sociais un autorretrato no que leven unha toalla e, se é posible, "algún fetiche lusófono" como un galo de Barcelos ou unha botella de viño do Porto. As palabras crave serán '#towelday', '#towelselfie', #diadatoalha e @ddooler2014.

Miguel Penas, presidente da AGAL
Miguel Penas, presidente da AGAL

Así mesmo, desde as 9,00 horas até 20,00 horas, animaron aos cidadáns a que se animen a acudir ás urnas electoral cunha toalla para exercer o seu dereito ao voto.

Ademais, ás 17,00 horas realizarán unha peregrinación polo último tramo do Camiño Portugués, desde a Porta Faxeira de Santiago até a Praza do Obradoiro, previo paso pola estatua en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero, situada na rúa Xoán Carlos I.

Finalmente, Ás 19,00 horas o escritor e padriño desta edición 2014 do Día da Toalha ofrecerá un discurso na Praza do Obradoiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 AMOXEGADOR

Que parvoíce, perdendo o tempo nisto quando há tanto por fazer. Depois as placas das estradas em castrapo, cheias de eñes, elles, etc e sem que ninguêm se preocupe de corrigi-las. A presença reintegrata nas ruas tem que se visualizar noutras cousas, não nestas trapalhadas.

1 Dooler

Iso, iso, hai que poñer Rianjo, Sangenjo, Mugia!!! En 50 anos poderemos convencer a todo o mundo de que en realidade se pronuncian á galega, a ver se hai sorte e queda auditorio.