Continúa a lenda negra de Galicia: "porta de entrada da cocaína en Europa" por un programa da TVG

Tanto The Telegraph, The Daily Mail ou The Guardian fixéronse eco da pregunta sobre o prezo dun gramo de cocaína emitida nun programa da TVG producido por Voz Audiovisual.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/03/2022 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Diversos medios británicos, entre eles The Telegraph, The Daily Mail ou The Guardian, volveron relacionar a Galicia co tráfico de drogas apuntando que é a "porta de entrada de cocaína desde América a Europa". E todo, por unha pregunta formulada nun programa da TVG sobre o custe do prezo dun gramo de cocaína.

Progrma na TVG onde se pregunta polo prezo dun gramo de coca
Progrma na TVG onde se pregunta polo prezo dun gramo de coca

"Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?". Esta é a pregunta que o presentador do espazo da TVG Atrápame se podes fixo a unha nai e a súa filla que estaban concursando no mesmo. Unha pregunta que deixou confusa ás dúas mulleres que acabaron acertando a pesares de que as dúas comentaron que "non o sabían".

Unha pregunta que está percorrendo as redes sociais e causou unha gran polémica, tanto en FB coma en Tuiter, onde foron numerosos os usuarios que lle recriminaron á TVG este tipo de preguntas en espazos de máxima audiencia.

Tamén os medios británicos recolleron a polémica e a relacionaron coa "histórica relación" de Galicia co narcotráfico. Algún xornal mesmo vinculou esta cuestión coa serie "Fariña" e lembraron que Galicia "ten unha reputación como ser un das portas principais a Europa para cocaína desde América do sur".

DESCULPAS

A CRTVG xa pediu desculpas pola emisión desta pregunta e di que "non estaba no ánimo do programa infravalorar o grave problema que supón a drogadicción". Nun comunicado, sinala que a "formulación desa pregunta non era a adecuada, máxime tratándose dun programa de cuestións sobre cultura xeral".

A Corporación Radio e Televisión de Galicia, que destaca que eliminou o programa do seu contido en liña, subliña que o compromiso dos medios públicos na loita contra a drogadicción é incuestionable.  Pola súa banda, a produtora do programa Voz Audiovisual considera que a pregunta "nunca debería exporse" da forma que apareceu en pantalla.

Ademais, explica que o dato que respondía á cuestión "Cal é o prezo medio dun gramo de cocaína na rúa?" aparece recollido no informe do Observatorio Español das Drogas e as Adiccións (CEDA), que elabora cada ano o Ministerio de Sanidade do Goberno de España, pero "foi trasladado aos concursantes cunha formulación inoportuna".

O episodio retransmitido en Galiza, o do norte-rexión occidental de España que deveu un das portas europeas importantes no comercio de fármaco. Netflix?s Costa de cocaína é sobre Galiza. Amazon?s Operación a marea Negra é un dramatisation da 2019 captura dun submarino que leva tres toneladas de cocaína da rexión?s Costa.

O espectáculo de proba é popular na rexión de noroeste de Galiza, unha área de España que ten unha reputación como ser un das portas principais a Europa para cocaína desde América Do sur.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta