Galicia rexistra 21.000 casos de covid e só 20 ingresados nas UCI

A Coruña sitúase como a área máis afectada en casos e hospitalizacións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2022 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

Galicia continúa por cuarta xornada consecutiva por encima dos 2.000 novos contaxios de Covid-19, aínda que descenden lixeiramente e marcan os 2.120, mentres que os hospitalizados baixan a 373 --13 menos que o día pasado-- e os casos activos superan os 21.000 no conxunto da Comunidade galega. Polo seu lado, a taxa de positividade ascende ata o 15,37% e as vítimas da pandemia suman catro falecementos.

Segundo os datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do venres, recollidos por Europa Press, descenden a 20 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --catro menos--, pero baixan a 353 as hospitalizadas en unidades convencionais --12 máis--.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en cinco das sete, mentres sobe na Coruña, con 75 hospitalizados en planta (catro máis) e seis en UCI (tres menos); e en Vigo, con 56 pacientes en unidades convencionais (dous máis), aínda que coas UCIs baleiras.

Hospital da Coruña
Hospital da Coruña | Fonte: Europa Press.

Entre as áreas nas que descenden os ingresados, están a de Ourense, con 55 hospitalizados en planta (sen cambios) e catro en críticos (dous menos); a de Pontevedra, con 44 pacientes en planta (dous menos) e un en coidados intensivos (sen cambios); e a de Ferrol, que conta con 30 pacientes en unidades convencionais (catro menos) e unha en UCI (sen cambios).

Baixan tamén en Santiago, que rexistra 60 hospitalizados en planta (tres menos) e sete en críticos (un máis); e en Lugo, con 33 pacientes en unidades convencionais (seis menos) e un en coidados intensivos (sen cambios).

MÁIS 21.000 CASOS ACTIVOS

Pola súa banda, os casos activos de Covid-19 ascenden a 21.369, que supoñen 385 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (2.120) que altas (1.731), ao que se suman varios falecementos. O aumento das infeccións activas é xeneralizado en todas as áreas sanitarias galegas, coa excepción de Ourense, onde baixan en 28. O aumento, pola súa banda, lidérao A Coruña (+303), seguida pola de Vigo (+107); Lugo (+65); Ferrol (+62); Santiago (+41); e Pontevedra (+36).

Así, con máis infeccións activas segue a área da Coruña e Cee, con 4.525; seguida da de Vigo, con 3.924; Santiago e Barbanza, con 3.410; Ourense, con 2.735; Lugo, con 2.598; Pontevedra-O Salnés, con 2.248; e á cola continúa a de Ferrol, con 1.835. Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado venres 18 de marzo, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia sitúase en 899,90 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media nacional está en 445,80.

Por cuarta xornada consecutiva os novos contaxios superan os 2.000 ao detectarse 2.120, que constitúen 33 menos que os 2.153 do venres, tras os 2.075 do xoves, os 2.083 do mércores e os 1.918 do martes despois de iniciar esta semana con pouco máis dun milleiro..

Na xornada deste pasado venres realizáronse 2.853 PCR e 7.104 test de antíxenos. En canto á taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- descendeu lixeiramente a 15,37%, tras marcar un 13,7% o venres, subir ao 14,28% o xoves, ter repuntado ao 12,84% o mércores, situarse no 10,28% o martes e iniciar esta semana no 8,33%

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta