Concentración contra o "feminicidio" de Barro: "Xustiza e que pague coa pena máxima"

Durante a lectura dun manifesto lembraron que o acoso sufrido pola vítima alcanzou niveis tan elevados que tivo que pór cámaras de vixilancia e mesmo optar por cambiar de casa.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 21/03/2022 | Actualizada ás 21:43

Comparte esta noticia

Varios centenares de persoas concentráronse este luns a partir das 20,00 horas ante o Consistorio de Barro en sinal de repulsa contra "o feminicidio" de Jéssica Méndez, a moza que morreu un día despois de que o seu vehículo fose embestido por outro coche que conducía un veciño, que supostamente a acosaba e que foi detido e enviado a prisión tras pasar a disposición xudicial.

Durante a concentración, leu unha manifesto María González, amiga e compañeira de traballo da vítima, quen reivindicou "xustiza" para Jéssica, unha muller cun carácter "alegre e cariñoso" que tiña "toda a vida por diante" ata que lle foi arrebatada "por un feminicida que estaba obsesionado con ela".

A lectora do manifesto lembrou que o acoso sufrido pola vítima alcanzou niveis tan elevados que tivo que pór cámaras de vixilancia e mesmo optar por cambiar de casa.

"Probablemente el crésese coa potestade de arrincarlle a vida como outros feminicidas", dixo, antes de facer un chamamento: "Non nos amedrentemos cando vexamos unha situación de acoso, sexa dun descoñecido, coñecido ou veciño. Os feminicidas tamén viven preto", remarcou.

"QUE PAGUE COA PENA MÁXIMA"

Na concentración, na que houbo un minuto de silencio, a compañeira de Jéssica proclamou que non se pode permitir que este caso "quede no esquecemento". "Nunca pensamos que el puidese chegar a isto, pero sucedeu", lamentou.

"Que se faga xustiza e que pague coa pena máxima", concluíu, entre aplausos dos asistentes.

Concentración de repulsa por 'o feminicidio' de Barro.
Concentración de repulsa por 'o feminicidio' de Barro. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta