O despotismo ilustrado desenvolveuse no século XVIII e foi un momento histórico de transición entre as monarquías absolutistas e os sistemas democrático liberais nacidos da revolución francesa. Esencialmente foi un período no que imperaba o paternalismo e que tratou de prolongar a lexitimidade do rei e a súa concentración do poder sobre unha forma de gobernar profundamente demagóxica. Todas as decisións as adoptaba o monarca no nome do benestar, a educación e a felicidade dos súbditos. O rei gobernaba no nome do pobo, pero sen concederlle poder político ningún.