Varios vehículos sofren picadas por cravos en polo menos tres estradas da provincia de Lugo

Os feitos prodúcense no marco do paro do transporte

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 22/03/2022 | Actualizada ás 21:34

Comparte esta noticia

Varios vehículos sufriron picadas por mor de cravos que foron detectados en polo menos tres estradas da provincia de Lugo. Os feitos prodúcense no marco do paro do transporte, un contexto no que se rexistraron incidentes en días pasados que carrexaron detencións.

Cravos.
Cravos.

Así, segundo fontes consultadas por Europa Press, no quilómetro 444, sentido Madrid, da A-6, víronse afectados cinco vehículos e unha furgoneta de aluguer. Foi avisado o servizo de mantemento da vía, que procedeu a limpala dos obxectos punzantes.

As fontes consultadas confirmaron que tamén se localizaron cravos en dúas estradas secundarias da provincia: a LU-122 (Paraxes-Lourenzá), e a LU-750 (Meira-O Cádavo).

Precisamente, a última hora desta xornada circulaban mensaxes por grupos de Whatsapp na provincia nos que condutores alertaban de que sufriran picadas e de que había cravos nestas vías.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta