Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 24/03/2022 | Actualizada ás 16:10
Uns 3.500 menores de 5 a 11 anos de idade están citados na xornada deste venres, 25 de marzo, nas áreas sanitarias galegas para recibir a segunda dose da vacina contra a Covid-19. Así o manifestou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do Consello, que se celebrou en Pontevedra.
O mandatario galego manifestou, en relación á evolución da pandemia nas últimas semanas, que "se reverteu a baixada" de casos e "incrementouse lixeiramente a incidencia". "Isto estámolo vendo cos test, aínda que é certo que a situación hospitalaria segue estando contida", abundou.
Feijóo, que aludiu á nova estratexia de vixilancia e control da Covid-19 acordada polo Ministerio de Sanidade e as comunidades, resaltou que se dá outro "paso adiante para a apertura practicamente á normalidade da situación da pandemia".
No relativo á vacinación, incidiu en que en Galicia están "a completar as doses". "Practicamente pechamos o capítulo de vacinación", valorou, para indicar que este venres "están citados 3.500 nenos de 5 a 11 anos para a segunda dose".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.