Nace ACousa, unha revista audiovisual dirixida a xeración Z galega

A primeira entrevista será con Esther Estévez, presentadora do espazo dixital Dígocho Eu.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 25/03/2022 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

Este 24 de marzo tivo lugar a presentación de ACousa, unha revista audiovisual en galego pensada para as xeracións Z e millennial galegas que se difunde en redes sociais. Este proxecto foi gañador da Bolsa Nacho Mirás 2021, xunto con Zoom na Bagatela. No acto presentouse ademais a nova edición da bolsa, destinada a proxectos inéditos de xornalistas graduados nos últimos cinco anos.

Imaxe do equipo que conforma a revista audiovisual galega ACousa
Imaxe do equipo que conforma a revista audiovisual galega ACousa | Fonte: ACousa

ACousa é un proxecto de Xulia Lomba Fernández, Beatriz Gutiérrez Caneda, Aida Vilariño García e Yaiza López Otero que pretende abordar as preocupacións da mocidade galega desde unha perspectiva divertida e lixeira. "Queremos crear o contido que sempre quixemos consumir nós en galego e non atopamos", afirma o equipo de ACousa.

Empregando o xornalismo móbil como metodoloxía de traballo e as redes sociais como plataformas de difusión, ACousa abordará temáticas tan diversas como a tecnoloxía, a arte, a moda, a maquillaxe, a sexualidade ou a gastronomía.

"A idea é que sexa un espazo seguro para todas as persoas, no que ninguén se sinta discriminado polo seu xénero, orientación sexual, cor da pel, aspecto físico etc.", afirman desde a revista.

ACousa saíu ás redes este 24 de marzo. A primeira entrevista será unha conversa con Esther Estévez, presentadora do espazo dixital da CRTVG Dígocho Eu, que vén de ser galardoada na gala dos Mestre Mateo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Depender das RR.SS. non parece o mellor camiño... https://youtu.be/XtZVxWatn5Y?t=190 Saúde e Boa Fortuna !