Que hai de xornalismo e de ficción nas series actuais

Xornalistas e guionistas debaterán sobre xornalismo e ficción nunha xornada de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/03/2022 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Xornalistas e guionistas debaterán sobre xornalismo e ficción nunha xornada de comunicación que se celebrará o día 31 de marzo en sesión de mañá, no colexio maior universitario La Estila, de Santiago de Compostela, organizada coa Asociación de Periodistas de Galicia.

Carmen Méndez, na serie Pazo de Familia
Carmen Méndez, na serie Pazo de Familia | Fonte: CRTVG

Veteranos xornalistas exporán as súas opinións e valoracións acerca de como ven reflectida a súa actividade nas películas e as series de ficción que tratan sobre o xornalismo: Aspectos nos que a realidade e a ficción coinciden, películas nos que a ficción esta moi afastada da realidade profesional, series de ficción que mostran unha cara pouco agradable dos xornalistas e outras series que idealizan a profesión.

O panel de xornalistas fórmano: Susana Luaña, Alejandro López, Alberto Varela, Juan Capeáns, e o decano de xornalismo da UCS Xosé Ramón Pousa, presentados por Claudio Sánchez de la Nieta, xornalista, analista de cinema e audiovisual.

Pola súa banda, guionistas de series e películas, profesionais galegos exporán na xornada os seus puntos de vista á hora de traballar con temas xornalísticos e elaborar un guion de ficción. Entre os participantes están Lidia Fraga, Carlos Portela, Víctor Sierra, Alberto Guntín e Araceli Gonda. Serán presentados por Rosa Vilas, adxunta á dirección xeral da CRTVG. As sesións desenvolveranse entre as 10.00 e as 14.30 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta