A CIG sinala que Educación duplica de 500 a 1.000 as prazas para os procesos selectivos de 2022

O sindicato criticou que non se especificou a situación do profesorado que imparte docencia en especialidades que non poden ser convocadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2022 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

CIG-Ensino trasladou nun comunicado que a Consellería de Educación rectificou e entregoulles unha proposta de prazas a concurso que duplica as 500 anunciadas en xaneiro ata as 1.101. Neste sentido, a central nacionalista avanzou que se ofertarán estas máis de 1.000 prazas a concurso excepcional e 115 prazas de concurso oposición, que se sumarán coas xubilacións do presente ano para o concurso oposición que se celebrará no verán de 2023.

Así, a CIG comunicou nunha nota de prensa que na mesa sectorial celebrada este martes, o departamento que dirixe Román Rodríguez deu resposta ás alegacións do sindicato e, segundo sinalou, "os criterios da Consellería coinciden en liñas xerais cos propostos por CIG-Ensino", aínda que recoñeceron que "existen discrepancias".

A central nacionalista asegurou que Educación aceptou a súa solicitude de que non se tivesen en conta as reducións horarias dos cargos directivos. Unha modificación que a CIG considera positiva porque permite ofertar máis prazas, pero insiste en que esa redución "non afecta por igual en todas as especialidades". Ademais, afirmou que a Consellería se comprometeu co sindicato a que este mércores lles trasladen un documento con todas as prazas de todos os centros.

Así mesmo, o sindicato criticou que non se especificou a situación do profesorado que imparte docencia en especialidades que non poden ser convocadas. Sobre isto, indican que a Consellería lles comunicou que "non poden ser ofertadas e que non teñen outra alternativa".

Nesta mesma liña, tamén manifestaron que esixirán "máis concreción" sobre profesorado especialista e demandarán que as prazas de discapacidade que "no caso improbable" queden libres, pasen á quenda libre como no concurso oposición ordinario.

Oposicións do Sergas en Silleda (Pontevedra)
Oposicións do Sergas en Silleda (Pontevedra)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta