Unha avaría nun Alvia entre Ferrol e Madrid deixa 626 usuarios afectados

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2022 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

A avaría dun Alvia que partiu á primeira hora da mañá desde Ferrol con destino a Madrid provocou atrasos noutros tres trens que suman, xunto aos pasaxeiros do convoi estragado, un total de 626 usuarios afectados pola incidencia. Ao redor das 10,45 horas deste mércores, o tren Alvia que saíu de Ferrol ás 07,20 horas sufriu unha avaría de tracción á altura de Taboadelo, segundo apuntan fontes de Renfe.

O convoi tivo que regresar á estación de tren de Ourense, onde os pasaxeiros foron transbordados a outro Alvia en dirección a Madrid. A chegada á capital do Estado produciuse con 191 minutos sobre o horario previsto. Ademais, esta incidencia provocou atrasos noutros dous trens. En total, foron 626 os usuarios afectados.

Tren Alvia. RENFE - Arquivo
Tren Alvia. RENFE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta