Montenoso recibe un premio no Prix Ars Electrónica 2014

”Comúns rurais comúns dixitais” é o título da proposta premiada no festival, na categoría Comunidades Dixitais, seleccionado de entre un total de 2.703 aplicacións dende 77 estados.

Por GCAgro | Santiago de Compostela | 10/06/2014 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

A cultura galega está de noraboa, por primeria vez un proxecto galego é premiado nos Arx Prix Electronica. Montenoso de acadar a Mención de Honra nun dos festivais internacionais máis importante no eido das artes dixital e multimedia. ”Comúns rurais comúns dixitais” é o título da proposta premiada no festival, na categoría Comunidades Dixitais, seleccionado de entre un total de 2.703 aplicacións dende 77 estados. Os premios se outorgarán no festival Ars Electrónica do 4 ao 8 de setembro en Linz.

Montenoso foi premiado na categoría “Comunidades Dixitais”, aberta a proxectos políticos, sociais, culturais e artísticos, a iniciativas, grupos, e plataformas que estean empregando eficazmente as tecnoloxías dixitais e que dende aí estén a promover a responsabilidade social. Está aberta a percursorxs e propagadorxs destas comunidades así como a persoas que desenvolven tecnoloxías abertas, destacando a aquelas cuxo traballo contribúe ao establecemento e proliferación de comunidades dixitais que rachen coas barreiras xeográficas, así como o a brecha dixital de xénero; que traten conflitos culturais; terceiro, que apoien a liberdade e diversidade cultural.

Segundo a organización seleccionáronse proxectos, aplicacións, iniciativas e fenómenos de innovación social e artística dando unha atención prioritaria aos proxectos que tratan o concepto de cidade intelixente. E especialmente de Cidadánx -ou ruralita- intelixente, poñendo foco en procesos de participación social. Os proxectos foron seleccionados en base o seu compromiso social e tecnolóxico, o uso de ferramentas de software social e o seu grao de potencial futuro. Estes proxectos teñen que ser facilitadores de acceso a tecnoloxías, redes, contidos e de comúns dixitais. Outra das premisas era que habían estar abertos para servir de modelos para ser tomados en por outrxs, e terían que constituír unha fonte de inspiración, ánimo e empoderamento para outras propostas

Nesta liña vai a proposta presentada por Montenoso, que aposta por poñer en marcha un dispositivo a través do cal comunicar estas microhistorias, estes saberes dispersos e múltiples. Trátase dunha plataforma online colaborativa e aberta para sobremesa e dispositivos móbiles, tablets e smartphones, que contén unha multiplicidade de relatos xeoposicionados en diferentes formatos (vídeos, audios, infografía, imaxes fixas ou textos). É unha experiencia multimodal, onde @s usuari@s van construíndo o relato a través de varios medios conectados por un sistema de etiquetaxe por palabras chave.

A través deste dispositivo xérase unha experiencia na que xs usuarixs van construíndo os seus relatos de maneira interactiva a través de varios medios conectados por un sistema de etiquetaxe por palabras clave. Estes medios son: unha cartografía expandida na que están xeoposicionados todos os recursos do documental; un modo de visualización infográfico do volume de patrimonio; unha wiki semántica na que aparecen definidos os conceptos e palabras relacionadas co universo do proxecto, e un blogue con noticias e artigos froito do traballo de investigación do Lar de Investigación Comunal de Montenoso.

Dende 1987, o Prix Ars Electronica é un indicador de tendencia recoñecido na escena de arte de medios de comunicación a nivel internacional. Cada ano o xurado outorga os chamados “Golden Nicas”, considerados os Oscars do media art, así coma Mencións de Honra. As categorías do festival son: ‘Pioneir@s visionari@s do Media Art’, ‘Animación por computadora e efectos especiais’, ‘Arte Interactiva’, ‘A seguinte idea: Premio de arte e texnoloxía’ e ‘Crea o teu mundo’, adicado a xente nova. Proxectos españois galardonados noutras edicións co Golden Nica son Canal Accesible de Antoni Abad en 2006 e Campo de Cebada, coordinado por Pascual García. Nesta edición foi premiado tamén o proxecto Gote.

Proxecto de Montenoso
Proxecto de Montenoso | Fonte: GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta