Detida María Osorio en busca pola súa pertenza a Resistencia Galega

Hai uns días a moza aparecera, a través de videoconferencia, nun acto organizado para apoiala.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/06/2014 | Actualizada ás 10:27

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo esta noite en Ponferrada (León) a María Osorio López, condenada a sete anos, nove meses e un día de prisión por integración na organización Resistencia Galega.

María Osorio
María Osorio | Fonte: Sermosgaliza.com

Segundo informou o Ministerio do Interior, a moza, que se atopaba fuxida da xustiza, foi detida nun domicilio desta cidade. Sobre ela pesaba unha orde de ingreso en prisión tamén por falsificación de documento público con fins terroristas.

Osorio realizou unha videoconferencia pública o pasado 7 de xuño na que manifestou a súa intención de manterse na clandestinidade e de non presentarse no cárcere para cumprir a condena. Precisamente, esa aparición pública sería o detonante para a súa detención xa que as forzas de seguridade estaban xa sobre a súa pista.

A Audiencia Nacional condenou a María Osorio hai un ano, xunto a outro tres integrantes de Resistencia Galega, a penas de entre 10 e 18 anos de cárcere polos delitos de integración en banda terrorista, tenencia de explosivos e falsificación, todo iso no marco da primeira sentenza en tales termos ditada para membros desta organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

10 Antomm

Agardo que esta fascista podreza no cárcere!

1 Sulfato

Os fascistas de verdade, moi semellantes nas súas formas a ti, podrecen dentro e fora. Vémolo todos os días, mira que ben podrece Currás, o dictadorzuelo fascista de Santiago; mira o ben que está a podrecer Jauma Matas, dictadorzuelo fascista de Baleares; o ben que podrece Bárcenas, o estupendo podrecemento do PPsoe en xeral... o ben que podrece a GC cando soltan a un dos seus, videoaficionado ás nenas de Cuenca para máis datos, que indultan por seren un dos fillos de PPaPPi. De feito, a vosa Espanha en xeral, podrece moi ben. Moito millor que esta rapaza, que non é mais que vitima dunha rabieta do voso sistema.... (será por o 5-1)

2 Antomm

Que españa miña nin que farrapos de gaitas pa**án! Español seralo ti que che gustan as republicas bananeras españolas p***so deixa de dicir soplapolleces! Ves como sodes uns fascistiñas! pero de medio pelo! E que me falas do PP fato do carallo... ! So sabedes dicir sunormalidades cando vos chaman o que sodes: fascistas de m***a. Como os do PP como a falanxe e como os comunistas: FASCISTAS!

3 Sulfato

Non se che entende nadiña Antomm, meu podrecido troleiro. Espanha non vai en maiúscula?, república non leva til? Fascista vai ben con vós, que desexades que podreza na cárcere unha rapaza que NON MATÓU A 51 persoas con metílico, nin deixóu na cuneta aos seus inimigos políticos, nin roubóu aos que non teñen nin para comer, nin traficóu con drogas coma moitos das forzas do orde... etc. Asco e noxo é o que dades, xusticieiros de pacotilla. Ata logo Pepesoeiro.

4 Antomm

QUE PODREZA ELA E O RUIVAL TAMÉN! Fascistas fóra! Patético o video dos salvapatrias comunistas galegos que nin saben pronunciar o X jajajaj....Fascistas fóra da Galiza! Non mataron porque aparte de ser uns inútiles non tiveron tempo. Estavos a facer moito mal a endogamia na esquerdalla galaica que xa se ve nas cabeciñas jaja...!!

5 Sulfato

Que podrezas ti e toda a vosa caterva de fillos de p. que vive cos cartos que os vosos pais falangistas roubaron. Non mataron os de RG, fascista de medio pelo, porque non querían matar. En algún caso aínda puxeron aviso para que a xente non se achegara ós artefactos. Si mataron os vosos metílicos amiguiños, porque dixeron que a eles non lles correspondía vear pola saúde pública, senon ao goberno. Si mataron os vosos pepiños de fomento a 79 persoas por politiquería. Si matan os vosos cando trafican en Pontevedra. Deica logo Pepesoeiro.

9 morasleira

A min os unicos foguetes que me gusta escoitar son os do dia da festa da miña parroquia. Salva patrias de este tipo non fan falla nin en Galicia nin en ningures. Mais propostas coherentes de cara as urnas e menos, ningunha, pistolas na rúa.

1 Ein?

Qué pistolas?

8 morasleira

A min os unicos foguetes que me gusta escoitar son os do dia da festa da miña parroquia. Salva patrias de este tipo non fan falla nin en Galicia nin en ningures. Mais propostas coherentes de cara as urnas e menos, ningunha, pistolas na rúa.

7 Vulpe

Vaia fenómena jaja vai apañada Galicia cos resistentes galegos estos jajaj

6 Menuda decepción

Menuda friki, dous días durou na clandestinidade. E inda por riba vai e se agocha en Ponferrada, non tiña un sitio con máis glamour? Menuda trapalleira, eu pensaba que andaría en bolas polos montes do Xurés, en plan resistencia maki. Menuda decepción