Galicia ten 238 ingresos hospitalarios confirmados e oito falecidos por gripe este ano

Lugo é a única provincia onde aumenta a taxa de gripe.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2022 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

Os ingresos de persoas con gripe confirmada ascenden en Galicia desde o inicio da tempada actual a 238, deles 26 ingresaron na semana 13 --que terminou o 3 de abril--, o que supón un descenso do 57% con respecto á anterior.

Así consta no terceiro informe publicado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) na tempada actual de gripe (2021-22) de 'Vixilancia da gripe en Galicia', recollido por Europa Press. No que vai de tempada, concreta o Sergas, só en cinco casos os enfermos con gripe hospitalizados necesitaron ingreso en UCI e oito persoas faleceron.

En canto á vixilancia baseada nos rexistros informatizados de gripe en Atención Primaria do Sergas mostrou unha "situación estable da intensidade da actividade gripal, que segue en nivel baixo, pese ao lixeiro descenso do valor da razón entre o número de persoas que consultaron casos por gripe e o número de médicos que as rexistraron".

No informe sinálase que a taxa de consultas por gripe diminuíu en todas as provincias, especialmente na de Ourense, excepto na de Lugo, na que creceu ata situarse como a provincia coa taxa máis elevada --52 consultas por 100.000 habitantes--.

CERO A CATRO ANOS

Por grupos de idade, o Sergas apunta que en todos se observou un descenso na taxa de consultas por gripe, e mantense o grupo de cero a catro ano coa taxa máis elevada --52 consultas por 100.000 habitantes--.

En canto á vixilancia microbiolóxica, na semana 13 observouse por terceira consecutiva "un descenso da positividade das mostras estudadas para o virus do tipo A" que, matiza o Sergas, permanece no 2,5%.

Unha muller recibe a vacina contra a gripe
Unha muller recibe a vacina contra a gripe | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta