Rego: "O BNG está para a defensa coherente e insobornable dos intereses de Galicia"

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 09/04/2022 | Actualizada ás 21:21

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, xunto á concelleira nacionalista na Estrada Susana Camba, mantivo un encontro cos veciños da localidade para informar sobre a actividade política na Cámara Baixa, no que se centraron nas medidas urxentes que reclama ao Goberno do Estado e a Xunta para "combater as graves consecuencias que está a causar a subida disparatada dos prezos".

Na súa intervención, Rego destacou a "defensa coherente e insobornable dos intereses de Galicia e da clase traballadora" que fai a diario o BNG, e tamén no Congreso "dando voz ás necesidades e problemas dos galegos".

"Nestes momentos a principal preocupación é a escalada de prezos que afecta de forma directa ás economías familiares, sectores produtivos e empresas", sinalou Rego, quen apuntou que o BNG "esixiu desde o primeiro momento medidas urxentes e ambiciosas".

Para a formación nacionalista, é "urxente" abordar unha reforma do sistema fiscal para compensar a perda de poder adquisitivo dos sectores da poboación economicamente máis vulnerables e que deben incluír a reforma do IRPF para incrementar a progresivididade e, mentres dura a inflación, a "deflación" da tarifa, tanto estatal como autonómica, evitando a tributación sobre rendementos nominais e non reais.

Tamén propón o incremento no límite de dietas e locomoción, converter o imposto de sociedades nun imposto progresivo e revisar os impostos de patrimonio e sucesións e doazóns.

OUTRAS MEDIDAS

"Resulta ademais necesario iniciar unha baixada selectiva do IVE de bens e servizos de primeira necesidade, como son a alimentación, os produtos de hixiene persoal e feminina, transporte público ou servizos enerxéticos básico como a luz e o gas", apuntou.

Rego tamén reclamou unha reforma do sector eléctrico "profunda" que comece pola intervención pública do mercado para botar man dos beneficios "caídos do ceo" das eléctricas e o control dos prezos para garantir o acceso á enerxía como un ben básico.

Néstor Rego. BNG
Néstor Rego. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

Todos os que piden a rebaixa do IRPF nunca din cómo ína a compensar a rebaixa de ingresos que eso suporía. e moi doado pedir que se baixen impostos, pero non é fñaciul de vender que eso ía traer baixada de axudas e subvencións. 2 e 2 son catro, ainda que pareza increíble.

1 Gamela

Deflactar a tarifa do IRPF é o mesmo que propón Feijoo ! UPG + PP Cando se pasa do Padornelo o mundo dá unha reviravolta ? Vivir para ver...