O Concello de Santiago pagará os avogados dos seus cargos investigados na Operación Pokémon

Unha vez se arquivou parte da causa, Bugallo xustifica o gasto para que os representantes non "acaben arruinados", asegurou Bugallo. En conxunto, dedicaranse a estas expensas entre 200.000 e 300.000€ de fondos municipais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/04/2022 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou este luns a autorización de pagos a funcionarios municipais e cargos públicos para que fagan fronte ao pago dos seus defensas procesais como consecuencia do arquivo das causas derivadas da Operación Pokémon.

Na xunta de goberno celebrada durante a mañá deste luns, acordouse o pago de 29.705 euros para a representación procesual dun funcionario municipal, sendo este o segundo pago autorizado a un funcionario como consecuencia da instrución das causas derivadas da Operación Pokémon, que están a ser arquivadas. En canto aos cargos públicos, tres dos cinco concelleiros afectados xa solicitaron este pago.

Sánchez Bugallo confirmou que a cantidade dotada para estas "axudas" oscilará entre os 200.000 e os 300.000 euros, destinados aos cargos públicos e funcionarios municipais sometidos a investigación en virtude dos sumarios da Operación Pokémon. Como consecuencia das resolucións xudiciais na que as dilixencias a algúns dos investigados se arquivaron, o rexedor compostelán manifestou que "proceden ao abono dos gastos da defensa", sinalou Sánchez Bugallo.

O alcalde do concello compostelán recalcou a importancia destes pagos, subliñando que "cando un cargo público é imputado, se non se acredita ningunha actividade delituosa, a administración debe amparalo, pois se non a maioría acabarían arruinados".

O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante a rolda de prensa deste venres no Pazo de Raxoi.. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, durante a rolda de prensa deste venres no Pazo de Raxoi.. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta