Orzamentos cidadáns: A Coruña inclúe propostas veciñais nas súas contas de 2022

A inclusión veu por mor do acordo entre goberno local e Mareas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

O goberno local da Coruña e a Marea Atlántica acordaron este martes rexistrar unha emenda conxunta aos orzamentos deste ano do Concello da Coruña "co obxectivo de axustar as previsións de ingresos e incorporar alegacións cidadás, tanto de particulares como de entidades sociais, deportivas e culturais". O proxecto orzamentario, con estas melloras, será aprobado definitivamente este mércores nun pleno extraordinario. Deste xeito, os ingresos previstos para 2022 aumentan en case 3,4 millóns de euros.

"Ao identificarse unha serie de parcelas municipais no polígono de Vío, que serán expropiadas por ADIF para a construción da conexión ferroviaria do porto exterior de Punta Langosteira,segundo anunciouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) do 18 de marzo". O préstamo previsto, engade, "reducirase nesa mesma contía".

O goberno local e a Marea Atlántica acordaron, ademais, incrementar a partida destinada a convenios nominativos, sumando un novo convenio coa Fundación Rogelio Groba e "mellorando" os xa previstos coa liga Reumatológica Galega, Atlético Coruña Montañeiros, Club Deportivo Pai Faustino e Orzán Sociedade Deportiva.

Finalmente, na emenda conxunta recoñécense as alegacións das asociacións veciñais de Oza Gaiteira Os Castros, Matogrande, Falperra, Juan Flórez, Orzán, Plataforma Mallos Unidos, Cidade Vella e Elviña 2ª Fase, identificando que a maioría xa se atopan na listaxe de obras previstas para o 2022. "E as restantes poden atenderse mediante os diferentes contratos de mantemento viario, de zonas infantís e de mobilidade existentes, sen necesidade de modificar o proxecto orzamentario", apunta.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ofrece unha rolda de prensa tras a Xunta de Goberno. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, ofrece unha rolda de prensa tras a Xunta de Goberno. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta