BNG: "Feijóo predica baixadas de impostos e o primeiro que fai é subilos"

Piden a retirada da nova Lei da auga por tratarse dunha norma "de afán recadatorio" que supoñerá "un sablazo" para as familias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2022 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O BNG reclamou a retirada da Lei do ciclo integral da auga porque considera que a súa aplicación carrexará "un sablazo" ás familias e empresas que chegará "no peor momento" debido ao contexto económico actual, "moi diferente" ao momento en que se elaborou o texto, que se atopa na actualidade en tramitación.

O deputado nacionalista Luís Bará ofreceu este mércores unha rolda de prensa para analizar a documentación remitida pola Xunta sobre o proxecto de lei. Estes informes "confirman as previsións" do Bloque, que presentará emendas á totalidade e de devolución ao entender que a súa aplicación carrexará un incremento da carga impositiva a cidadáns e empresas, ademais de elevar a "conflitividade" entre administracións.

Segundo Bará, a reforma do sistema de xestión da auga "chega no peor momento", cos concellos "afogados" polo incremento de prezos e a "incerteza" nas obras públicas, ademais de darse na "peor crise de prezos" dos últimos 40 anos. O parlamentario incidiu en que o proxecto de lei que recibiu hai unha semanas luz verde do Executivo galego para a súa tramitación parlamentaria foi elaborado "hai un ano", nun contexto económico "totalmente diferente" ao actual, polo que entenden que "o razoable, prudente e lóxico sería retiralo para adaptalo ao novo contexto de crise".

Outro dos motivos esgrimidos pola formación frontista para oporse residen en que a consideran "unha norma cunha clara finalidade recadatoria e coercitiva" que suporá "un forte incremento dos custos para as persoas usuarias" cunha repercusión especial en "a clase traballadora e as pequenas empresas". "Feijóo predica coa baixada de impostos, pero aproba unha lei que vai subir as taxas da auga", apuntou Bará.

FEIJÓO

O deputado do BNG Luís Bará en rolda de prensa no Parlamento. BNG
O deputado do BNG Luís Bará en rolda de prensa no Parlamento. BNG | Fonte: Europa Press

Precisamente, o líder do Partido Popular e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sostivo que o obxectivo de calquera "política decente" é baixar os impostos aos traballadores, ás rendas medias e ás rendas baixas e "non vivir do sobreesforzo que están a facer pagando un 10% máis caro os produtos que comprar para poder chegar a fin de mes".

Feijóo pronunciouse deste xeito nun acto en Porto do Son, ao ser preguntado polos datos coñecidos este mércores, que sinalan que o Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu un 3% en marzo en relación ao mes anterior e elevou de golpe a súa taxa interanual máis de dous puntos, ata o 9,8%, o seu valor máis alto en 37 anos en España. En Galicia, a cifra é do 10,5%, por encima da media estatal, maior taxa desde outubro de 1984.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta