Baltar celebra en Laias a reactivación do termalismo deportivo xunto a 357 deportistas no Cerlac

O presidente provincial incidiu na potenciación que realiza o goberno provincial polo ecosistema deportivo de Ourense: "Este é un momento importante neste ámbito, polo que traballamos desde hai tempo e creo que se están vendo os froitos", destacou.

Por E.P. | OURENSE | 13/04/2022 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou este mércores no balneario de Laias para celebrar a reactivación do termalismo deportivo despois da crise do covid-19.

Acompañado da dirección de Caldaria, Manuel Baltar conversou cos deportistas e corpos técnicos dos equipos que adestran estes días nas instalacións do Cerlac: a selección española absoluta de canoa -con tres finalistas olímpicos en Tokio 2020, entre eles a pontevedresa Antía Jácome-, a selección española junior de remo e os alumnos da Shrewsbury School.

Na visita, da que informou a Deputación nun comunicado, o presidente remarcou a importancia deste momento de reactivación: "As instalacións de Caldaria abren de novo para o termalismo deportivo. Unha aposta da Deputación que é unha firme realidade".

Como unha nova mostra desta consolidación, entre abril e maio adestrarán no Cerlac 357 deportistas de diferentes países. "Son centos de deportistas de diversos países, de seleccións, de colexios" que veñen a estas láminas de auga para preparar campionatos internacionais, sinalou Baltar.

O presidente provincial incidiu na potenciación que realiza o goberno provincial polo ecosistema deportivo de Ourense: "Este é un momento importante neste ámbito, polo que traballamos desde hai tempo e creo que se están vendo os froitos", destacou.

Ademais, asegurou que a Alta Velocidade dá un "plus" e "consolida a Ourense nun referente nacional e internacional para o remo e o piragüismo en España, xunto a Banyoles e Sevilla".

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita á selección española absoluta de canoa, que adestra nas instalacións do Cerlac en Laias. ALBERTE PAZ
O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visita á selección española absoluta de canoa, que adestra nas instalacións do Cerlac en Laias. ALBERTE PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta