O Sergas activa unha alerta por posibles casos de hepatite aguda en nenos

Detectáronse varios casos de hepatite aguda, de orixe descoñecida, en nenos menores de 10 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2022 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou este xoves que o Sergas activou unha alerta por posibles casos de hepatite aguda en nenos.

Segundo explican, o aviso chega tras a información achegada polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias, dependente da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade, que notificou este mércores ás Comunidades autónomas da detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe descoñecida, en nenos menores de 10 anos.

Así, desde o Ministerio realizouse unha comunicación a todas as rexións para realizar unha "observación e procura activa" de posibles casos. Comesaña informou de que todos os profesionais de atención primaria, urxencias hospitalarias e extra hospitalarias (PAC) e os servizos de pediatría dos hospitais permanecen vixiantes, "aínda que en Galicia aínda non se detectou ningún caso".

Hepatite C treatment  Hepatite C - sexually transmitted disease blood test and treatment. HAILSHADOW - Arquivo
Hepatite C treatment Hepatite C - sexually transmitted disease blood test and treatment. HAILSHADOW - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta