Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2022 | Actualizada ás 18:13
O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, informou de que o Goberno ultima a regulación para outorgar axudas compensatorias a mariscadores polo dragado da ría do Burgo. Así o expón nunha comunicación remitida á confraría de pescadores da Coruña, na que se apunta que se opta por abonar as compensacións en modo de axudas con base na doutrina de Consello de Estado, dado que é o máis "áxil".
De tal forma, Morán asegura que "o máis axiña posible estará publicada a disposición reguladora da devandita subvención". En todo caso, explica que a contía desa subvención compensatoria requirirá, entre outros, o informe previo do órgano competente en materia de marisqueo da Xunta de Galicia. "Así pois, contactarase coa administración autonómica chegado o momento", agrega.
Estaba prevista unha reunión o próximo 25 de abril entre a confraría e o secretario de Estado, pero motivos de axenda impiden que Hugo Morán poida asistir. Por iso, informa por escrito de como se atopa a situación das axudas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.