Educación ofertará en 2023 case 1.300 prazas docentes en dous procesos distintos polo "caos" do Goberno central

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/04/2022 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofertará para 2023 un total de 1.280 prazas docentes no sistema público de ensino a través de dous procesos diferentes. Un primeiro grupo de 1.155 prazas, a gran maioría, serán a través do concurso de méritos; mentres que un segundo, de 125, a través dun concurso-oposición que se celebrará no verán do próximo ano.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, e o subdirector xeral de Recursos Humanos, José Luís Canosa
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, e o subdirector xeral de Recursos Humanos, José Luís Canosa | Fonte: Xunta de Galicia.

Esta dobre convocatoria, segundo explicou este luns en rolda de prensa o conselleiro do ramo, Román Rodríguez, será produto do "caos" e a "improvisación" cos que o Goberno central sacou adiante a semana pasada o real decreto de acceso á docencia.

"Un cambio das regras de xogo sen ningún previo aviso ás comunidades autónomas, algo que xa vén sendo habitual na xestión do Ministerio", resumiu Rodríguez, nesta comparecencia celebrada na Cidade da Cultura na que estivo acompañado do director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, e o subdirector xeral de Recursos Humanos, José Luís Canosa.

A oferta pública de emprego para 2023, cun total de 1.280 prazas, terase que rexer polo novo real decreto que "xera desigualdades", lamentou o conselleiro, a diferenza que o que ocorrerá coa oposición de 2022, para a que se prevén inicialmente 2.628 prazas. A deste ano, que se desenvolverá a partir do 18 de xuño cuns 23.000 aspirantes, adecuarase á anterior normativa, dado que a Xunta xa publicou as bases para "dar certeza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta