A Deputación de Ourense e o Concello de San Amaro actuarán xuntos na mellora da conexión coa AG-54

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse este luns co alcalde do municipio, Fernando Redondo, con quen tamén abordou o apoio ao proxecto de eficiencia enerxética da iluminación pública do municipio, redactado polo actual equipo de goberno e que está pendente de conseguir financiamento do IDAE.

Por E.P. | OURENSE | 25/04/2022 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense colaborará co Concello de San Amaro na reforma da OU-0303 para mellorar a conexión do municipio coa AG-54, unha actuación que contará este ano cun investimento de 210.000 euros por parte da institución provincial.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse este luns co alcalde do municipio, Fernando Redondo, con quen tamén abordou o apoio ao proxecto de eficiencia enerxética da iluminación pública do municipio, redactado polo actual equipo de goberno e que está pendente de conseguir financiamento do IDAE.

No encontro, do que informou a institución provincial nun comunicado, o presidente da Deputación valorou a reunión como unha "oportunidade para felicitar ao alcalde de San Amaro despois do seu primeiros seis meses de xestión" --tomou posesión o 25 de outubro--.

"Unha xestión planificada con proxectos reais que contarán co apoio da Deputación", sinalou para indicar que algúns deles xa forman parte da modificación de crédito que aprobarán no pleno do 29 de abril.

Ademais da reforma da estrada, que contará este ano cun investimento de 210.000 euros da Deputación, no encontro tamén se avanzou o apoio da institución provincial para a mellora da eficiencia enerxética para todos os puntos de luz pública do municipio, un proxecto de máis de 700.000 euros presentado polo equipo de Fernando Redondo ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) para obter financiamento.

De conseguir esta axuda, a Deputación destacou que achegaría o 15% restante dun proxecto de máis de 700.000 euros. Manuel Baltar garantiu a cooperación con "proxectos e plans estratéxicos para San Amaro, nos que a Deputación ten que estar".

Por outra banda, Fernando Redondo remarcou como este compromiso supón cumprir cunha promesa adquirida cos veciños de San Amaro: "A reforma da OU-0303 foi un d as cousas coas que me comprometín no pleno de investidura", lembrou.

Ademais, sinalou que no próximo mes de xuño empezarán os proxectos de reforma integral da travesía urbana de Cruceiro e dl iluminación deste núcleo: "Proxectos cos que me comprometín fai seis meses e que se farán realidade antes do verán", apuntou.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de San Amaro, Fernando Redondo. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de San Amaro, Fernando Redondo. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

DENUNCIAN A "DESIDIA" DO GOBERNO CON OURENSE

Os deputados ourensáns do Partido Popular, Celso Delgado e Ana Vázquez, esixiron este luns ao Goberno Central que "abandone a desidia e a falta de compromiso" cos investimentos en infraestruturas na provincia de Ourense.

Os representantes populares no Congreso fixeron balance dos proxectos en materia de estradas e ferrocarril aludindo a que "sofren o abandono do Executivo Central" e denunciando que a maior parte das cuestións "solucionaríanse con vontade política".

En materia de estradas referíronse ao "absoluto abandono" das autovías entre Ourense e Lugo, a A-56, e entre Ourense-Ponferrada, a A-76, engadindo ademais que, esta última, "nin sequera está licitado a día de hoxe ningún tramo na provincia de Ourense".

Sobre a A-56 denunciaron, ademais que, a excepción do tramo adxudicado en datas recentes entre Eirasvedras e Quintela, o resto da autovía que une as dúas capitais galegas "está totalmente esquecido".

Na mesma liña referíronse a a circunvalación do Barco de Valdeorras, unhas obras que, lamentaron, "levan moitos meses paralizadas", antes de incidir en que "era unha infraestrutura da que presumían os socialistas cando presentaron os orzamentos do Estado de 2021".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta