O Colexio de Biólogos pide a Educación reforzar os contidos e horas en ciencias

Lanza unha campaña baixo o lema 'As ciencias perden, perdemos todos!'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

O Colexio Oficial de Biólogos informou de que remitiu ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, un escrito no que traslada a análise que fai a entidade e as súas alegacións aos currículos educativos presentados.

Baixo o lema 'As ciencias perden, perdemos todos!', o Colexio critica que unha vez vista a concreción da distribución de horas por materias e sen poder analizar os seus currículos educativos xa que "só existen a nivel estatal", a conclusión é que "as ciencias perden" e "perde" a sociedade.

"Nunha sociedade en pandemia con colectivos con pouca análise crítica e científico, que deostan fontes oficiais e mesmo a propia ciencia (apuntan ás persoas antivacinas), a Administración Pública baixa en todos os cursos o número de horas e ciencias", lamenta. En fronte, propón o reforzo de contidos e horas en ciencias nas distintas etapas educativas.

Tamén crítica se mostrou a Asociación Galega de Ensinantes de Economía de Secundaria, que lamenta profundamente "a escasa presenza da formación económica e financeira" do alumnado da ESO e do Bacharelato que suporá a implantación da Lomloe en Galicia.

Unha investigadora nun laboratorio da USC. FOTO: Santi Alvite. USC
Unha investigadora nun laboratorio da USC. FOTO: Santi Alvite. USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Arturo

Ninguén sabe cómo solucionar esto, e, seguramente, xa chegamos a un punto no que a cousa non se arranxa con políticas, sexan a que sexan. No resto do Estado pasa o mesmo en moitas zonas. Agora, se o que queredes e botar odio a esgalla, nada, a seguir...

9 VIVA ESPAÑA

viva españa

8 Colapsista

Num momento onde a população mundial já passou dos 7500 milhões, é uma boa notícia que nalgum sítio haja algo de sentidinho.

7 Galego

La culpa te es de la UPG tamén.

6 Gamela

Mentres a Xunta vai regalar 213 millóns de euros para facilitar o RETORNO dos fillos e netos da emigración (moitos deles nin siquera coñecen Galicia pero sí saben que xa non poden vivir en Mexico, Venezuela, etc...) Para os "estranxeiros retornados" imos poñer riba da mesa 200 millóns... e para os DESHERDADOS DO MUNDO NADA DE NADA ? Claro que a culpa témola nós cando andamos facendo o indio en Facebook e mantemos na emigración ao Creador de Cabozo !!! http://cabozo.com/taboext.php?grupo...