Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 12:35
Case a metade da poboación activa en Galicia non conta cun título de acreditación de competencias profesionais e existen na comunidade uns 15.000 postos vacantes precisamente por falta desta acreditación, de acordo con datos da administración autonómica. Para liquidar esta situación, desde a Xunta promóvese desde hai anos un proceso de acreditación oficial de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional que, ata o momento, permitiu expedir máis de 40.000 acreditacións.
Co obxectivo de continuar e impulsar este proceso, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade en funcións, Román Rodríguez, presentou este martes os convenios de colaboración cos representantes de seis entidades empresariais que se implicarán na difusión e promoción desta opción. A Xunta non explicita se os convenios asinados comportan unha achega económica por parte da administración.
O obxectivo, sinalou, é que as persoas traballadoras poidan obter un recoñecemento das habilidades coas que contan tras anos de carreira profesional ou desempeño laboral. Esta acreditación, por unidades de competencia que compoñen os módulos de ciclos formativos, resulta un estímulo para que as persoas adultas completen a súa cualificación por medio da Formación Profesional e permite ás empresas coñecer o grao de mestría ou desempeño dun novo traballador.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.