As leis non escritas

As sociedades semellantes á nosa teñen leis, decretos e ordes que son as que regulan a nosa vida cotiá. Desta maneira todos sabemos dos asuntos que podemos facer en función de tal lei ou decreto; e tamén os problemas que existen cando non acatas as normas. Mais, todos sabemos que hai leis non escritas que, sin estar plasmadas nin recollidas en ningúnha contitución o botelín, seguen funcionando na sociedade; siguen existindo incluso ó marxe de todo goberno ou estructura de poder. Pode que parezan xeralidades, que parezan ditos ou mesmo refráns, pero existen e, case sen decatarnos, forman parte da nosa vida.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 04/05/2022

Comparte esta noticia
Desta maneira podemos entender moitos dos conflitos sociais e tamén  de ámeto mundial que,  baseados nunha  lei non escrita, siguen existindo.  Todos sabemos como a chamada  lei  do  máis forte existe e manda  en moitas socidades. Ise principio non está recollido en ningures, máis todos intuímos que funciona e, desgraciadamente, moitas veces  con el temos que convivir.
 
Outro  dito que funciona igual que o anterior é o seguinte: O peixe grande sempre come ó pequeno. O que ven a confirmar que, dunha maneira ou doutra, se te enfrontas a un poderoso, aínda que teñas a razón pode que nunca  chegues  a acadala e, como consecuencia, leves sempre a  de perder.  
 
A día de hoxe, segundo as leis vixentes,  os estados son soberanos de elexir o seu destino; son libres de escoller ós compañeiros de viaxe; de pactar con quen máis lles guste ou lles conveña. Máis vemos, con toda claridade, que en moitos casos,  as cousas non son así. Neste senso parece que volvemos ós tempos das invasións; ós  tempos  das cruzadas, onde o  sometemento pola forza  e a conculcación da liberdade das persoas e  das nacións  estaba ó capricho dos  conquistadores. E iso é o que hoxe  está en tela de xuizo. Pois, si eso é así, de que valen os organismos mundiais e as leis que acordan?  Nos tempos actuais, o exemplo máis palmario témolo na guerra que se libra en Ucrania. Con moita  frecuencia,  vexo nas redes sociais como  aparecen os defensores   que,  en aras de eliminar o fascismo xustifican  a invasión dun pais libre como o mencionado. Ben sei que en política todo o que se faga sempre é xustificable. Vexamos: cando un goberno promulga unha lei ou un decreto que sabe que é regresivo e que perxudica a moitos cidadáns, o preámbulo sempre pon e xustifica  que é pra mellorar a vida  de todos.
 
Pois ben, a día de hoxe, aínda que non o pareza, estamos nunha situación onde, principios básicos de convivencia entre os pobos están en xogo. Polo tanto, non se trata de bos e malos. Ou de si uns son ruíns e os outros son  máis ruíns cós primeiros. Trátase de que fundamentos básicos nos que se asenta a convivencia entre os pobos, estados e nacións debe ser respectado. E nese senso é cando as leis non escritas  superan e vulneran as leis escritas que están en vigor.
 
Por todo elo, si este principio básico se vulnera,  o mundo voltará á vivir baixo a lei do máis forte. Volverá a ser un campo no que os conquistadores, homes que queren pasar á historia dalgunha maneira, serán os que impoñan a forza por riba da razón. E si esto acontece todos nos laiaremos. En fin, as leis non escritas semellan un parecido a certas tradicións regresivas que esnaquizan a sociedade. E a eso chamase regresión  social, ou camiñar cara a idade media.

Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína
Soldados na guerra que Rusia lanzou contra Ucraína | Fonte: Cope-EFE.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com