Medio século do 'Grándola, Vila Morena' que interpretou o Zeca Afonso en Santiago

A USC lembra cun coloquio a histórica interpretación do que logo trocaría en himno na Revoluçao dos Cravos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2022 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) conmemorará cun coloquio e música o 50 aniversario do concerto que José 'Zeca' Afonso deu en Santiago en maio do 72 e no que interpretou por primeira vez o que despois se convertería en himno da 'Revoluçao dos Cravos' portuguesa, o 'Grándola, Vila Morena'.

O reitor da USC, Antonio López, o decano da facultade de Filoloxía, Elías Feijó, e a cantante Uxía Senlle presentaron este mércores en Compostela esta homenaxe, que busca ser extensivo tamén ao movemento estudantil e que terá lugar o martes, 10 de maio, na Facultade de Filoloxía.

O concerto de Zeca Afonso en Santiago, o 10 de maio do 72, estivo promovido polo movemento estudantil e tivo como punto de arranque a figura do cantante Benedicto García Villar, cuxa imaxe, xunto á de Afonso, preside un mural xunto á residencia universitaria Burgo das Nacións.

Durante a presentación, o reitor da USC sinalou que precisamente esta localización, a residencia universitaria que acolleu no seu momento ese concerto, tivo unha relevancia especial tanto no movemento estudantil de loita contra a ditadura como na revolución lusa. Para Elías Feijó, a homenaxe do próximo martes é, precisamente, "unha conmemoración daquel movemento estudantil" que trouxo a José Afonso a Santiago e que "entregou o seu tempo a combater o franquismo", no caso español, tamén "desde o ámbito cultural".

COLOQUIO E MÚSICA

Para iso, o auditorio da facultade acollerá, a partir das 19,00 horas, un coloquio no que participarán testemuñas directas daquel concerto: Zelia Afonso, viúva do cantautor; Maite Angulo, viúva de Benedicto García Villar; Emilio Pérez Touriño, un dos responsables daquela data; e Francisco Fanhais, presidente da Asociación José Afonso.

Tamén no acto poderase escoitar a intervención de dous estudantes --do Burgo das Nacións e da Facultade de Dereito--, para "testemuñar a necesidade que a USC, a cidade de Santiago e a colectividade galega ten da súa estudiantado e do seu compromiso", dixo Elías Feijó. Xa na parte musical, Uxía Senlle asegurou que se buscará "recrear" a "profunda pegada" que o concerto de Zeca Afonso deixou en Santiago e en Galicia, unha terra pola que sentía un "enorme amor".

Presentación dos actos de homenaxe ao concerto de José Afonso en Santiago.
Presentación dos actos de homenaxe ao concerto de José Afonso en Santiago. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta