Temas: ECONOMíA ENCE

O comité de empresa de Ence reclama convocar a Mesa de Diálogo para tratar o futuro da fábrica de Pontevedra

O comité recoñeceu que se decatou pola prensa da decisión do Goberno de encargar ao Grupo Tragsa a procura de chan industrial en Galicia para un posible traslado no caso de que o Tribunal Supremo ratifique as sentenzas da Audiencia Nacional que anulan a prórroga da concesión da pasteira para ocupar os terreos da ría de Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2022 | Actualizada ás 19:16

Comparte esta noticia

Un grupo de traballadores da factoría de Ence en Pontevedra concentráronse este venres ante da Subdelegación do Goberno convocados pola maioría do comité de empresa para reclamar unha nova reunión da Mesa de Diálogo que organiza o Ministerio de Transición Ecolóxica para abordar o futuro da fábrica de Pontevedra.

O presidente do comité de empresa de fábrica, Toño Lafuente, expresou a preocupación dos traballadores ante a falta de noticias por parte do Goberno, que en outubro se comprometeu a fixar unha nova reunión para finais de abril na que presentarían os informes e a documentación.

O comité recoñeceu que se decatou pola prensa da decisión do Goberno de encargar ao Grupo Tragsa a procura de chan industrial en Galicia para un posible traslado no caso de que o Tribunal Supremo ratifique as sentenzas da Audiencia Nacional que anulan a prórroga da concesión da pasteira para ocupar os terreos da ría de Pontevedra.

ALTRI

Toño Lafuente sinalou que lles parece "curioso" que a mesma empresa, enxeñaría Idom, que elaborou un informe para o Grupo Ence descartando a Palas de Rei como lugar para unha recolocación da fábrica pontevedresa afirmando que non existe unha alternativa en Galicia sexa agora quen ofreza esa opción a Altri para crear un complexo fabril.

"Parece que están a xogar connosco", lamentou o presidente do comité, que tamén lembrou as palabras do sector forestal indicando que non hai suficiente capacidade de madeira autóctona para tanta factoría.

A maioría do Comité de fábrica da empresa Ence discrepa cos seus compañeiros de Comisións Obreiras e sinalan que a adscrición ao Porto de Marín "só dos terreos" que actualmente ocupa a pasteira en Lourizán non resolve o problema ao entender que "Ence non podería seguir aí".

Ence
Ence

Temas: ECONOMíA ENCE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta