Endesa presume de contratar a unha empresa da comarca das Pontes para manter os seus aeroxeradores

"En igualdade de condicións, Endesa dá preferencia ás empresas locais para favorecer o desenvolvemento da comarca das Ponte", di.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2022 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Endesa contratou a Fuso 29 Renovables, empresa da comarca das Pontes --ten sede no municipio coruñés das Somozas--, o mantemento preventivo de 464 aeroxeradores dos seus parques eólicos de Galicia.

Con este encargo, Fuso 29 Renovables logra o seu maior contrato deste tipo desde a súa fundación en 2005, nunhas tarefas de mantemento que realizará durante tres anos.

A través da súa división de renovables, Enel Green Power España, Endesa xestiona en Galicia 565 megawatts (MW) eólicos, que se atopan instalados en diversos puntos das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. Coa produción destes parques, España evita a importación anual de 185 millóns de metros cúbicos de gas natural.

Fuso 29 Renovables ocuparase, durante tres anos, de 464 aeroxeradores, de diferentes tecnólogos, que suman unha potencia instalada de 265,89 megawatts. Para esa tarefa mobilizará a decenas de traballadores.

"En igualdade de condicións, Endesa dá preferencia ás empresas locais para favorecer o desenvolvemento da comarca das Pontes, co fin de que a transición enerxética beneficie á zona onde está en proceso de peche a central térmica de carbón e onde se promoven novas plantas eólicas", explica a compañía nun comunicado.

Un muíño eólico de Endesa en Canarias. CEDIDA POR ENDESA - Arquivo
Un muíño eólico de Endesa en Canarias. CEDIDA POR ENDESA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta