Conde garantiza que a xestión de Rueda será "continuista" coa de Feijóo

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 09/05/2022 | Actualizada ás 11:58

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía en funcións, Francisco Conde, apelou á "continuidade" na xestión do novo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao ser preguntado se cre que haberá un cambio nas relacións Xunta e Goberno central tras a marcha de Alberto Núñez Feijóo.

"O novo presidente mañá terá a oportunidade de trasladar as oportunidades de goberno", sinalou en relación ao comezo do pleno de investidura de Rueda como novo titular do Executivo galego.

Con todo, mostrouse convencido de que non só haberá "continuidade" na xestión, senón que se "seguirá traballando na mellora da situación económica e social". "Como fixemos estes anos, ter o foco nos galegos e mellorar a situacion económica e o seu benestar", insistiu. No entanto, apelou a escoitar mañá a "proposta" do novo presidente.

O conselleiro de Economía en funcións realizou estas manifestacións tras participar no Foro Económico Español 'A Galicia que vén', organizado polo diario El Español.

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.
O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta