¿Por que as etapas da Volta comezarán en concellos gobernados polo BNG e PSOE?

Tamén o PP critica que as etapas da Volta a España que comezan en Galicia o fan en concellos gobernados polo PSOE e o BNG. Nunha iniciativa presentada o pasado mes denuncian esta situación e piden explicacións á Xunta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 31/08/2007 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

PILAR ROJO NOGUERA e MANUEL S. RUIZ RIVAS, deputada e

deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

Pregunta para a súa resposta Oral en Comisión:

Nestes últimos días tivemos coñecemento a través dos medios de

comunicación, de que van a ser varios os concellos galegos cun

certo protagonismo na saída da Vuelta Ciclista a España 2007; en

concreto, ademais da anunciada saída na cidade de Vigo, os

concellos de Allariz, Santiago de Compostela e Viveiro, van a ter

un papel relevante na referida competición.

Pero non deixa de ser certamente sorprendente, o feito de que

todos os concellos citados están gobernados polo BNG ou polo

PSOE, e ningún polo PP, a pesares de ser este último o partido

político que mais concellos goberna en Galicia.

Deixando claro que o Partido Popular non comparte en absoluto a

politización que do deporte se está tentando facer dende a

Consellería de Cultura e Deporte, si o que se pretende e dar

protagonismo ós concellos galegos, e por ende a Galicia, nunha

competición de tanta importancia no panorama deportivo nacional,

e dado que non se necesita de ningún requisito especial que poida

ser motivo de rexeitamento dun concello para participar neste

evento, non se entende que non haxa representación dalgún

gobernado polo partido maioritario en Galicia, a pesares que neste

momento o Partido Popular está a gobernar en mais de 160

concellos da nosa comunidade, co que iso supón de

representación do pobo de Galicia.

Polo tanto, estes deputados queren preguntarlle ao goberno:

1.- ¿Cales son as razóns deportivas que levaron a seleccionar

ós concellos de Vigo, Allariz, Santiago de Compostela e

Viveiro, para participar na saída da Vuelta Ciclista a España

2007?

2.- ¿Se tivo en conta algunha outra circunstancia para

seleccionar os devanditos concellos?

3.- ¿Na selección dos concellos, se tivo en conta a opinión da

organización da Vuelta Ciclista a España, ou foi unha

decisión exclusiva da Xunta de Galicia?

4.- ¿Preguntóuselles ós distintos concellos galegos o seu

interese en participar?

5.- ¿Qué cantidade deben aportar cada un dos concellos

referidos?

6.- ¿Qué cantidade aporta a Xunta de Galicia á saída da Vuelta

Ciclista a España?

7.- ¿Qué contrapartidas recibirá Galicia como consecuencia

desa inversión? ."

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

14 Oscar

E nalgúns comentarios mostras inxenuidade: "¿pero cando houbo unha dictabranda? Nos tempos actuais, entendámonos…" Xa, xa, o mundo é de cor rosa.
"cando un goberno, para manterse no poder, precisa recordar ao goberno anterior ou remover sinxelamente o pasado, é que non ten boa conciencia. "Coma Aznar que ata o mesmo ano 2004 o pasou criticando a Felipe González, que no canto de criticar a ZP criticaba a González.
"Que máis dá a figura de Fraga ou seu partido, a fin de contas era o que escollían os galegos e as galegas de boa condición." ¡ah, entón ti eres deboa condición e eu de mala porque non voto a Fraga!¡Váille dicir aos agricultores qe votaban a Fraga e que malviven cunha agricultura case de subsistencia que eles teñen "boa condición", ou sexa, que viven bén. Xa verás a loubazada que che dan.
"non te sorprendas que moita xente aborreza este goberno." Comprobéino nas municipais, aborréceno un 39,8% dos galegos, aproximadamente, pero polo menos hai un 49,2% que non o fan.

13 Oscar

Juan, Juan; agora que o PSOE e o BNG xa levan dous anos gobernando e a xente xa da por feito que se xuntan contra o PP, xustamente agora é cando recibiron un bo espaldarazo nas últimas municipais. E o os cinco mil votos que ti dis, son só para obter a maioría parlamntaria, cunha distribución por provincias que favorece ás do PP. En votos, o bipartito tiña o 52'1% fronte ao 44'9% do PP, e unha diferencia de 150.000 votos. Por certo, 52'1% é case o que obtiña Fraga nos seus mellores tempos (52'9% no 93). Aparte de que se houbeses atendido algo á campaña do 2005, ámobolos dous dixeron case tantas veces coma anos tén Fraga(tantas é imposible) que a súa prioridade era botar ao PP e gobernar xuntos.
Non sí iso, o PP sempre se autoexcluíu (menos en Canarias). Non o excluíron, eles mesmos rexeitan calquera pacto porque os demáis son peligrosos. Só acepta gobernar sen pactar con ninguén, se non comparte o goberno con ninguén, se levan todo o poder (¿terán algo que esconderlle aos demáis partidos?). Como dixo María Antonia Munar: "El PP ha jugado a todo o nada, le ha salido nada y ahora quiere repetir la partida".

12 Oscar

XYZ, Confúndeste. O que eu digo é que aparte duns poucos sitos medianamente importantes que gobernan, como Ribeira, Lalín e Vilalba; o resto son pobos.
Gustaríame saber cantos dos concellos que goberna o PP superan os 5000 habitantes, non creo que moitos máis dos que acabo de citar. E sí, poderían elixir as vilas por motivos non necesarimente demográficos. Non coñezo os motivos, peor como ben se di, tamén estaba Vigo entre os concellos seleccionados e a selección fíxose antes das eleccións municipais, sendo alcaldesa Corina Porro. Se agora non teñen a alcaldía, ee é problema do PP. Nonteño ninguha dúbida que esta Xunta non é tan partidista nin de lonxe coma a anterior. Pero xa sabes o que din: Crése o ladrón que todos son da súa condición.
P.D.:Como se elixiu Vigo tamén se podía elixir Ourense, A Estrada, Silleda, Cedeira ou calquera outro de tantos sitios que perdeu. Se elixiran algún máis deses, por suposto, temén seguirían protestando.

11 Juan Español

Óscar, Óscar, ¿pero cando houbo unha dictabranda? Nos tempos actuais, entendámonos...
Ai, ai, ai... E cando un goberno, para manterse no poder, precisa recordar ao goberno anterior ou remover sinxelamente o pasado, é que non ten boa conciencia. ¿E como vai tela? Que máis dá a figura de Fraga ou seu partido, a fin de contas era o que escollían os galegos e as galegas de boa condición. Pero só por cinco mil votos, dous partidos que non se presentaron en coalición, roubáronlles a eses galegos e galegas o goberno que votaran... ¿Por que non se presentaron xuntos o PSOE e o BNG? Pois porque sabían que entón perderían por máis votos, que para iso tamén están as enquisas.
Así que non te sorprendas que moita xente aborreza este goberno. É o normal sabendo cal é a súa orixe...

10 XYZ

Correcto todo o que dis Oscar excepto isto do teu primeiro comentario

“Pois claro que seleccionan concellos do PSOE e do BNG, xa que son os únicos que reteñen concellos importantes. Se os voss únicos concellos importantes son son Ribeira e Lalín, a posibilidade de que vos toque é máis baixa, é evidente, ¿qué queredes, que a Volta saia dalgunha das vosas aldeíñas?”

Segundo o INE os datos do ultimo censo
http://www.ine.es/inebase/cgi/um?M=...

Viveiro 15.576 habitantes
Alariz 5.433 habitantes
Ribeira 27.053 habitantes
Lalín 20.779 habitantes

A ver Oscar, entón, tendo Ribeira u Lalín mais habitantes que Viveiro ou Alariz non teñen dereito a saida da Volta Ciclista a España. Supoño que as elixirian por outros motivos e non os demográficos.
Por certo, según ti se Ribeira e Lalín son aldeiñas ¿Qué son Viveiro ou Alariz?
¿Qué ten de malo ser unha aldeiña?