A Deputación de Ourense concede 645.000 euros para iniciativas de autoemprego

A institución achega subvencións para cooperar con concellos e entidades.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/05/2022 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense concedeu máis de 645.000 euros en subvencións para a cooperación con concellos e entidades, así como para desenvolver iniciativas de autoemprego no ámbito rural.

Así o trasladou o presidente da Deputación, Manuel Baltar, que enmarcou a experiencia no traballo en rede e na colaboración institucional, "xusto na xornada na que se celebra o Día de Europa", na que lembrou que a Deputación ten un "protagonismo especial" coa Presidencia e a representación en varias organizacións, como a Asociación de Cidades Históricas Termais.

Deste xeito, desagregou as axudas; 45.000 euros para a mellora da estrada de Teixido no Bolo e 14.000 euros para a humanización de rúas en San Lorenzo no Concello de Porqueira. Tamén axudas de 48.000 euros para melloras no centro de saúde de Punxín e, ademais, aprobou 27.000 euros para cofinanciar o programa Idade destinado á eficiencia enerxética no Concello de Rairiz de Veiga, e 125.000 euros para obras de urbanización no Concello da Rúa.

Así mesmo, o Concello de Rubiá recibirá 184.000 euros para catro actuacións, que van desde a pavimentación e reparación das piscinas municipais ata o acondicionamento de espazos públicos. O Concello de San Cibrao das Viñas 48.000 euros para mellorar a sinalización en núcleos de poboación.

No apartado da colaboración con outras entidades, a Xunta de Goberno da Deputación acordou dotar de 33.000 euros á Diocese de Astorga para pavimentar o terreo circundante á igrexa de Vilamartín de Valdeorras, e tamén dotar con 53.000 euros á Escuadra Ourense para a próxima edición do Rally da cidade.

En canto as iniciativas empresariais e o autoemprego no rural, concederon tres subvenciones por unha contía total de 19.800 euros, no marco do Programa EmprendOU, para a posta en marcha de tres proxectos relacionados co comercio e o ensino nos concellos de Boborás e Maceda.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar.
O presidente provincial do PP, Manuel Baltar. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta