O Concello da Coruña dará continuidade ata finais de maio aos actos polo Día das Letras Galegas

Por E.P. | A Coruña | 13/05/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña dará continuidade, ata finais de maio, aos actos culturais asociados ao Día das Letras Galegas. Esta programación específica rematará o día 31 tras pasar polas bibliotecas municipais da cidade e o Teatro Colón.

O autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas de 2022
O autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas de 2022 | Fonte: REAL ACADEMIA GALEGA.

Os actos comezaron o pasado martes, co encontro coa escritora larachesa María Rei Vilas na biblioteca municipal dos Rosales, no contexto do Festival Primaletras.

Xa o mércores, a biblioteca de Estudos Locais acolleu o coloquio do historiador Ramón Villares sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este ano.

Será a próxima semana, coincidindo coa celebración desta data, cando se concentrarán o groso de actividades, partindo desde a lectura pública de extractos da obra de Florencio Delgado Gurriarán na que este martes 17, ás 12,00 horas, e coa praza de María Pita como punto de encontro, intervirá a alcaldesa, Inés Rey, acompañada por membros da corporación municipal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta