Por Galicia Confidencial | Sada | 16/05/2022 | Actualizada ás 12:30
A nena de dez anos desaparecida durante a tarde de deste domingo na parroquia de Ouces, en Bergondo, foi localizada na mañá deste luns.
Segundo informan fontes da Garda Civil, atópase en perfecto estado de saúde e foi trasladada ao cuartel de Sada. A Garda Civil continúa coa investigación do suceso, que apunta a unha desaparición voluntaria, xa que a menor deixou unha carta. Familiares e veciños sumáronse ao operativo de procura na zona de Bergondo e Sada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.