A pandemia da Covid freou os nacementos en Galicia

Aínda que creceron este ano con respecto ao 2021, caen un 10% se se compara co primeiro trimestre do 2019.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Galicia rexistra 3.482 nacementos no primeiro trimestre deste ano, o que supón un 2,33% máis que no mesmo período de 2021, segundo a estimación que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

Este repunte é un punto porcentual inferior ao avance do 3,47% que se anota a media española, nun período de avance xeneralizado salvo en tres comunidades que computan descensos (Andalucía, País Vasco e A Rioxa).

Con todo, se a comparativa se fai con período prepandemia, os nacementos entre xaneiro e marzo de 2022 caen preto dun 10% fronte aos do primeiro trimestre de 2019 (por entón foron 3.867 alumeamentos).

Pola súa banda, o INE tamén publicou este mesmo mércores a estimación de defuncións ata a semana 17 do ano, que se corresponde con finais do mes de abril. No acumulado da comunidade galega son 11.937 mortes, polo que se produce un incremento do 3,5% en comparación co mesmo período de 2021.

Galicia é a terceira comunidade con maior alza de falecementos, por detrás de País Vasco (+6,35%) e Aragón (+3,7%). Este aumento contrasta coa baixada do 2,45% que se produce na media española. Na comparativa co mesmo período de 2019, a subida é superior ao 5%.

Imaxe de arquivo dunha nai paseando a un bebé.. EUROPA PRESS - Arquivo
Imaxe de arquivo dunha nai paseando a un bebé.. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta