O home desaparecido en Cortegada morreu afogado no Miño

A súa desaparición foi denunciada este domingo pasado.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 23/05/2022 | Actualizada ás 17:16

Comparte esta noticia

Un home foi atopado afogado este luns no río Miño, no concello ourensán de Cortegada. Segundo informa a Garda Civil de Ourense, trátase dun home, nado en 1963 e de nacionalidade romanesa, cuxa desaparición foi denunciada o pasado domingo tras non volver de saír a pescar.

O río Miño, ao seu paso por Cortegada (Ourense)
O río Miño, ao seu paso por Cortegada (Ourense) | Fonte: Google Maps.

Así, nunha inspección ocular en Vilanova da Barca, en Cortegada, localizáronse na beira do río aveños persoais, tales como un teléfono e útiles de pesca.

De tal forma, o corpo sen vida foi localizado nun pantalán, na contorna do antigo balneario de Cortegada, por un equipo de mergulladores desprazado desde A Coruña do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil.

Segundo informa o 112, ata o lugar tamén acudiron membros do GES de Ribadavia e a unidade de drones de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (Axega).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta