Galicia baixa dos 10.00 casos activos pero segue cunha alta taxa de positividade de case o 30%

As vítimas pola pandemia ascenden a 3.487 tras a morte doutro catro persoas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2022 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Galicia rexistra 9.536 casos activos, con especial incidencia nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo, segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores. Mentres, a taxa de positividade aumenta ao 28,4%. Por áreas sanitarias, 2.130 corresponden á da Coruña-Cee; 1.018 á de Lugo; 1.306 á de Ourense; 1.048 á de Pontevedra; 1.806 á de Vigo; 1.548 á de Santiago e 670 á de Ferrol.

Os casos activos en relación á xornada anterior rexistran un incremento ao pasar de 9.224 a 9.539 --315 máis-- tras detectarse outros 875 contaxios. O número de contaxiados desde o inicio da pandemia elévase a 613.546 e o de curados a 600.588. De acordo cos datos do Sergas, do total de pacientes positivos 18 están en UCI; 539 en unidades de hospitalización e 8.991 en domicilio.

Por áreas, na da Coruña e Cee, hai 157 hospitalizados, seis en UCI; 43 na de Ferrol, dúas en coidados intensivos; 32 na de Lugo-A Mariña-Monforte de Lemos, cun en UCI; 77 na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, tamén cun en coidados intensivos e outros 66 na de Pontevedra-O Salnés, tres en UCI. A eles, súmanse os 99 hospitalizados na de Santiago-Barbanza, con tres en coidados intensivos e os 74 de Vigo, con dous en UCI.

FALECEMENTOS

De acordo cos últimos datos facilitados polo Sergas, o número de falecidos en Galicia ascende a 3.487 tras as últimas mortes rexistradas o pasado 24 de maio. Ese día faleceron catro mulleres, dúas na área sanitaria de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, con 91 e 84 anos; outra de 92 anos na área sanitaria de Coruña-Cee e unha cuarta, de 83 anos, na de Ferrol. Todas elas presentaban patoloxías previas.

VACINAS

Por outra banda, o número de PCR realizadas desde o inicio da pandemia, e en base aos datos contabilizados ata o mércores, ascende 3.897.432. En canto ás doses de vacina contra a covid-19 administradas sitúase en 6.658.024, frnete ás 6.657.286 da última xornada co que supoñen 730 máis.

Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press
Cidadáns nunha zona de copas a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta