Así é a pequena revolución dos carpinteiros coruñeses

Continúan as mobilizacións por un convenio digno para o Sector da Carpintaría da Coruña.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/05/2022 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

Non hai acordo no sector da carpintería na provincia da Coruña. Por iso, os operarios levan semanas mobilizándose. Desde hai case un mes defenden un convenio digno para o sector da carpintaría e ebanistaría da provincia da Coruña. Por iso, xa realizaron manifestacións diante de Inditex (principal cliente das Empresas do Sector) na Coruña, e por outra banda, unha Concentracións no Grupo Malasa en Cerceda.

Mobilización de carpinteiros para pedir mellores condicións para o sector da carpintería
Mobilización de carpinteiros para pedir mellores condicións para o sector da carpintería | Fonte: CC.OO.

Os traballadores critican que están soportando todo o peso da inflacción dos prezos acumulados durante o 2021 e que no 2022 o que repercute nunha "severa perda de poder adquisitivo das familias".

"Criticamos a desidia da Patronal na mesa de negociación donde por agora non temos coñecemento de existir movemento algún de acercamento cara as propostas da parte social, a pesar de do mantemento das protestas diante das principais Empresas do sector cada quince días, e que as mesmas se prolongarán durante outro mes máis coas seguintes Concentracións programadas", denuncian desde CC.OO.

A Mesa Negociadora acordou manter durante a vindeira semana unha xuntanza na que se deliberará o incremento cualitativo e cuantitavo das movilizacións no sector en caso de que a Patronal se manteña na actual posició. De feito, os traballadores preparan novas protestas diante das empresas Cándido Hermida, en Narón, o 8 de xuño e de Santos, en Boqueixón, o 22 de xuño. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta