Cáritas Ourense atendeu 9.100 persoas en 2021, máis da metade mulleres con fillos

Alerta dun aumento dos traballadores "pobres".

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 26/05/2022 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Cáritas Diocesana de Ourense atendeu máis de 9.100 persoas en 2021, das que o 59% eran mulleres con cargas familiares, segundo recolle a súa memoria anual. Así o explicou María Tabarés, a directora de Cáritas Diocesana, quen expuxo que, mentres que na crise do 2007 e 2008, "o gran prexudicado foi o home, nesta crise viuse como a afectada foi a muller e tamén a xente máis nova".

Pobreza infantil.
Pobreza infantil.

A Cáritas recorreron "mulleres que teñen fillos ao seu cargo e viven en vivendas cuxos alugueres requiren máis do 60% dos ingresos da unidade familiar".

É por iso que a directora puxo o foco precisamente no problema de conseguir vivenda, xa que dixo que un oito por cento desa porcentaxe de mulleres teñen ao seu cargo fillos menores.

E todo iso, dixo, "suponlle serías dificultades coas que eses nenos e nenas teñen unha exposición á pobreza". Ao fío diso, denunciou que os requisitos á hora do acceso á vivenda, que teñen que asumir, "son misión imposible" debido á precariedade dos contratos, aos avais bancarios e "a máis cousas inasumibles".

Segundo expuxo, do total que dispón de vivenda, usa un 56% dos ingresos da unidade familiar para os gastos relacionados con ela e un 21% ten problemas por vivir en vivendas colectivas ou non ter arrendamentos.

Para a directora de Cáritas, tras a pandemia viuse como un aumentaron os traballadores "pobres" e aqueles que "teñen pouca posibilidade de conseguir un aumento de xornada" e alertou da "auxe na cronificación da pobreza" xa que case un 4% dos atendidos pola entidade "levan cinco ou máis anos recibindo axudas".

Entre os 31 centros de Cáritas de Ourense, houbo 705 altas de axudas novas, 1.121 persoas en programas de acollida, 1.087 que necesitaron o servizo de roupa e 807 que asistiron ao comedor social.

Tabarés estivo acompañada na comparecencia polo bispo de Ourense, Leonardo Lemos, quen explicou que o observatorio se fixo a partir dunha mostra aleatoria de 2.556 persoas para elaborar o perfil das que atende a entidade e a conclusión foi que "a situación é preocupante", motivo polo que deu as grazas a todas as persoas que "traballan para axudar ás demais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta