A loita das librerías 'de vello' contra o xigante Amazon

O sector rexistra datos financieiros preocupantes, pero os establecementos máis vellos resisten con forza o envite do comercio online.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Dende a irrupción do comercio online, hoxe monopolizado polo xigante Amazon, unha serie de sectores económicos estano a ter máis difícil para sacar adiante un servizo que até non hai moito se consideraba seguro e imprescindible. As librarías --grandes, pequenas, vellas e novas-- son un bo exemplo de negocio do século XX que hoxe loita contra o carril rápido de Jeff Bezos, nalgúns casos con resultados económicos preocupantes.

Imaxe dunha libraría.
Imaxe dunha libraría.

E é que a nivel do Estado español un 14% de librarías están en risco alto ou máximo de falta de pagos e bancarrota, de acordo cun estudo de Iberinform. Segundo explican dende a firma, as librarías veñen sufrindo un descenso de rendibilidade dende o ano 2013, coincidindo precisamente co albor das grandes plataformas online que hoxe quedan ao axexo e a ameaza das vellas tendas de libros. 

A problemática acentouse en 2020 co enorme descenso sufrido polo comercio presencial, unha circunstancia que Galicia Confidencial xa tratou no seu momento da man das principais editoriais do país. Non todo son malas noticias, con todo. E é que, segundo explican dende a fonte consultada, "a pesar deste axuste progresivo das marxes, o sector logrou soster outros cocientes importantes, como os de solvencia, tesourería, liquidez e dispoñibilidade". Neste contexto, de acordo cos datos que ofrece Insight  View, só o 14% das librerías se atopa en niveis elevados ou máximos de risco de falta de pagamento, fronte ao 74% que presenta valores baixos ou mínimos. 

Neste escenario, parece que a antigüidade toma un papel relevante. O peor comportamento financeiro rexístrase entre as librerías fundadas na última década, nas cales o risco de falta de pagamento se eleva ata o 19%. Por contra, entre as librerías consolidadas con máis de 25 anos de antigüidade este cociente redúcese ao 11%.

De aí que, polo de pronto, non agardamos o peche das vellas librerías das cidades galegas, esa Castelao ou o eterno binomio Follas Novas - Follas Vellas que sempre terá un oco nos escritorios da capital galega. "A análise agregada das contas oficiais presentadas polas librerías mostra a realidade dun sector capaz de manifestar unha profunda resiliencia ante os cambios na súa operativa que trouxo o século  XXI", aseguran dende a fonte.

"Tras resistirse á substitución do produto -o libro electrónico non substituíu ao libro de papel nos hábitos de lectura-, as librerías afrontan hoxe o desafío de novas formas de compra e distribución. Neste contexto, moitas constrúen o seu valor engadido evolucionando en busca de nichos de mercado específicos: imos cara a un maior número de librerías, pero cada vez máis pequenas e especializadas". O importante é que, dunha forma ou outra, persisten. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta