A Xunta asegura que tenta conxugar as peticións de vacacións do persoal de residencias cun servizo de calidade

UGT denuncia que Política Social "pon en risco" as vacacións do persoal de enfermaría pola xestión das substitucións.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 27/05/2022 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

A Consellería de Política Social asegurou que a Xunta "trata de respectar as preferencias de vacacións do persoal de enfermaría das residencias, sempre que isto non prexudique á calidade asistencial do servizo". Segundo explicaron fontes do departamento, tratan sempre de "conxugar as preferencias dos profesionais á vez que se cobren os cocientes marcados pola normativa vixente".

Residencia de maiores das Gándaras
Residencia de maiores das Gándaras | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Remarcaron ademais que en 2019 aprobouse unha modificación en relación cos postos de traballo que mellora de media xornada a xornada completa a situación de numerosos postos de auxiliar de enfermaría e persoal técnico (fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais).

Apuntan por último que Política Social ten un 12% máis de traballadores que en 2009 --ao pasar dos 3.919 efectivos dese ano aos 4.405 actuais-- e que se aplicaron progresivas subas salariais nos últimos anos. "En 2022, produciuse unha suba do 2% con respecto ao 2021", detallan.

Responden así a crítica de UGT, que denunciou que a Consellería "pon en risco" as vacacións de verán do persoal de enfermaría por "defectos" na xestión das listas de substitución.

Critican, concretamente, o modelo de xestión e o déficit de persoas nas listas de contratación temporal da Xunta de Galicia, que afecta a persoal de enfermaría e auxiliares.

"UGT leva anos denunciando unha situación que é recorrente e sobre a que solicitamos á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social a que realice unha proposta uniforme para todas as Xefaturas territoriais e evitar inxustas denegacións de solicitudes de vacacións no verán", explican nun comunicado.

Insisten que "ano tras ano" asisten a negativas de vacacións ou "adopción de medidas diferentes e non reguladas" como a elaboración de listas paralelas ás do Decreto 37 ou listas por centro de traballo "colocadas na porta".

Ante isto, o sindicato propuxo tres medidas: a posibilidade de modificar os ámbitos que actualmente son provinciais por outros máis delimitados como noutras categorías; a retirada temporal das penalizacións; e xestionar e ofertar bloques de varios meses de substitución máis longos aos candidatos das listas.

Sobre este último punto, indican que "de non ser así, un ano máis as substitucións son máis atractivas no Sergas e noutras comunidades autónomas e, como consecuencia, prexudícase o persoal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta