Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 19:31
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou este venres que a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, dependente da Xunta, será o primeiro centro de España en contar cunha aula de pesca sustentable.
En concreto, segundo informa o Goberno galego, trátase dunha nova unidade formativa que pretende chegar a todos os niveis educativos e que abarcará todo o proceso de captura dos recursos, desde a saída de porto das embarcacións ata o seu regreso a terra.
Quintana, que este venres visitou o centro, detallou que esta aula --que está en proceso de deseño e dotación para que estea operativa "canto antes"-- contará con cinco seccións para cubrir todos os ámbitos relacionados coa actividade extractiva.
Así, a primeira delas será a de tecnoloxía de materiais e pesca selectiva; a segunda, sobre tarefas de teledetección de recursos vía novas tecnoloxías; a terceira, sobre a captura sustentable; a cuarta, sobre o proceso de conservación; e a quinta, sobre a cogobernanza e a xestión responsable da actividade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.