Temas: EMPREGO CLUN CLESA

O comité de Clesa e a compañía láctea Clun asinan un novo modelo laboral para "garantir un horizonte aos traballadores"

"Este acordo demostra que, máis que unha simple empresa, somos un equipo unido que vai nunha mesma dirección e isto reflíctese nos resultados anuais de Clesa desde que Clun asumiu a súa xestión", sinalou o director xeral de Clun, Juan Gallástegui.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

A compañía Clun e o comité de empresa da Agrupación de Cooperativas Lácteas SL, Clesa, acordaron un novo modelo organizativo laboral para "garantir un horizonte máis certo para a empresa e os seus traballadores".

O pacto entrou en vigor este luns 30 de maio despois de ser sometido a consulta dos traballadores e sindicatos, segundo trasladou a compañía do sector lácteo.

"Este acordo demostra que, máis que unha simple empresa, somos un equipo unido que vai nunha mesma dirección e isto reflíctese nos resultados anuais de Clesa desde que Clun asumiu a súa xestión", sinalou o director xeral de Clun, Juan Gallástegui.

O responsable da compañía incidiu en que lle novo marco "mellora" as condicioens dos traballadores a nivel económico e de conciliación co obxectivo de que Clesa "siga sendo unha empresa española referente no sector lácteo".

Firma do acordo entre o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, e o presidente do comité de empresa de Agrupación de Cooperativas Lácteas, Jesús M. Ferro García. CLUN
Firma do acordo entre o director xeral de CLUN, Juan Gallástegui, e o presidente do comité de empresa de Agrupación de Cooperativas Lácteas, Jesús M. Ferro García. CLUN | Fonte: Europa Press

Temas: EMPREGO CLUN CLESA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta