Temas: PAISAXE UVIGO USC UDC

Presentado o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais

Trátase do primeiro centro interuniversitario de investigación que se constitúe en Galicia, unha "proposta innovadora" que busca aproveitar as sinerxías do tres institucións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2022 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Os reitores das universidades de Santiago e A Coruña, Antonio López e Julio Abalde, xunto co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, participaron este martes na presentación do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), o primeiro centro de investigación interuniversitario de Galicia, no que 73 expertos analizarán cuestións relativas ás ciencias sociais, a demografía ou o patrimonio, entre outras cuestións.

Tal e como explicou o reitor da Coruña, trátase do primeiro centro interuniversitario de investigación que se constitúe en Galicia, unha "proposta innovadora" que busca aproveitar as sinerxías do tres institucións. "Sabemos cando temos que competir e tamén cando temos que colaborar para ser moito máis fortes como sistema", dixo Julio Abalde.

Será un centro que aborde investigación en áreas sociais, humanísticas, enxeñarías, patrimonio ou arquitectura, dede unha óptica "multidisciplinar", sinalou o reitor da Universidade da Coruña.

Para iso, desenvolverán a súa actividade 73 investigadores --55 senior e 18 mozos-- en 20 grupos que "pivotan sobre a idea do territorio", precisou Antonio López, con ámbitos como o turismo, as migracións, os movementos sociais, a demografía, o patrimonio ou o ámbito cultural. A súa sede será o edificio Fontán da Cidade da Cultura.

O conselleiro de Educación precisou que nas áreas de ciencias sociais existía ata agora "esa debilidade" no ámbito da investigación, que trata de "corrixirse" co impulso deste proxecto. "Sumamos o talento, as ganas, a ilusión e as capacidades de todos os que estamos aquí para desenvolver un proxecto de futuro", engadiu. Román Rodríguez apostou por que todas as áreas de coñecemento sexan capaces de "xerar sinerxías" para "dar respostas útiles" ás necesidades e os retos da sociedade.

Presentación do Cispac. XOÁN CRESPO
Presentación do Cispac. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Temas: PAISAXE UVIGO USC UDC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta