Detido por traficar con drogas nas inmediacións dun centro educativo de Santiago

Tamen foron propostos para sanción outros homes por posesión de sustancias estupefacientes e por posesión de arma branca "tipo bolboreta".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 09:41

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Santiago de Compostela detiveron o pasado 23 de maio a un home como responsable dun suposto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas nas inmediacións dun centro educativo da capital galega.

Segundo informou a Policía Nacional, esta operación enmárcase no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar, á súa vez, dentro do desenvolvemento do Plan de Seguridade Xacobeo 2022 centrado, entre outros obxectivos, "na redución da oferta de drogas aos consumidores máis novos, principalmente a través da vixilancia policial e a desarticulación de puntos de venda nas contornas dos centros escolares".

Os feitos tiveron lugar nas proximidades dun Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) da cidade, onde unha dotación policial procedeu á identificación e detención dun home por un delito de tráfico de drogas.

Como resultado da intervención policial incautáronse varias doses de pole de haxix cun peso aproximado de 50 gramos, unha báscula, material destinado para facilitar o corte e elaboración de dose e diñeiro fraccionado en billetes, o cal portaba o detido escondido en distintas zonas das súas pezas de vestir.

No momento da detención o home atopábase acompañado doutras persoas, sendo propostas, algunhas delas, para sanción administrativa pola Lei de Seguridade Cidadá, por posesión de sustancias estupefacientes e por posesión de arma branca "tipo bolboreta".

A intervención policial foi realizada por funcionarios adscritos á Brigada Local de Seguridade Cidadá e a colaboración da Brigada Local de Policía Xudicial. A Policía Nacional destacou que estas vixilancias e controis nos centros educativos e a súa contorna "continúan sendo un dos obxectivos na Comisaría de Santiago" polo que considera "esencial" neste labor a colaboración dos propios centros, así como da sociedade compostelá.

Os axentes interviñeron haxix, marihuana e diversos efectos e útiles no marco da operación. POLICÍA NACIONAL
Os axentes interviñeron haxix, marihuana e diversos efectos e útiles no marco da operación. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta