A Coruña promove un programa para previr condutas autolesivas na mocidade

Por E.P. | A CORUÑA | 01/06/2022 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña, en colaboración coa Fundación María José Jove e a Asociación Participa, promove un programa para previr as condutas autolevisas na mocidade.

O obxectivo da iniciativa é implantar hábitos saudables de autocuidado e unha eficaz xestión emocional entre a xuventude 18 a 30 anos. Trátase de reducir factores de risco como o illamento social, os pensamentos destrutivos e a falta de autocontrol mediante un programa 65 prazas anuais, distribuídas en catro grupos.

Actualmente, concluíron as sesións un primeiro grupo de 18 mozos, que pasarán á modalidade de seguimento, e o pasado 10 de maio comezouse a traballar cun segundo grupo. No acto, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apelou a traballar "xuntos" para abordar unha "cuestión delicada moito antes da crise sanitaria pola covid-19". 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, participan na presentación dun programa para mozos. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, e a presidenta da Fundación María José Jove, Felipa Jove, participan na presentación dun programa para mozos. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta