Rueda agarda chegar a "acordos" de país na súa xuntanza con Pontón e Formoso

Entre os temas a abordar; a sanidade pública, os fondos Next Generation, transferencias, infraestrutura e turismo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/06/2022 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O novo presidente da Xunta quere iniciar un novo ciclo político cos líderes da oposición. Un ciclo no que, a pesar das diferencias, poidan chegar a acordos concretos en prol de Galicia. E, así llelo fará saber na xuntanza que manterá coa voceira do BNG, Ana Pontón, e co secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, o vindeiro luns.

Alfonso Rueda, á súa chegada ao Parlamento galego
Alfonso Rueda, á súa chegada ao Parlamento galego | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

"Eu vou con toda a vontade de chegar a acordos e, polo menos, xa é unha boa nova que teñamos unha xuntanza nun ambiente de cordialidade", sinalou na rolda de prensa posterior ao Consello da xunta. "Eu agardo que poidamos tender pontes", engadiu.

"Trasmitireille tres ou catro cousas nas que podemos chegar a acordos. E iso depende de todos nós". Eentre esteas materias están a sanidade pública, aindustria e os fondos Next Generation, as tranferencia de competencias a Galicia, nomeadamente a de Costas, e infraestruturas e turismo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta